
Finei un día de febreiro , como finan os barcos de verdade, de vello e nun asteleiro.
No intre de morrer tiña 37 anos , longa vida para un dos da miña especie.
Nacín das mans dun carpinteiro de ribeira do norte , no Cantábrico, aló no ano 1970 cando puxo sobre a grada o meu espiñazo de pino roxo.
A miña xestación durou 10 meses , ate que fun expulsado da grada na que me crearon e toquei cas miñas costas por primeira vez as augas salgadas do mar. Ummmm!!! Creo que o sabor salgado das augas embriagoume para sempre.
E no intre do meu bautizo de mar, puxéronme o nome de SIDRI ROBER.
Que fachendoso me atopaba!. Todos dicían de min que tiña unha fasquia moi fermosa e mariñeira.
O meu primeiro patrón, cando entrou por primeira vez na miña ponte , acariñou na roda do meu temón e díxome en voz moi baixiña de feito que eu tan so puidera escoitalo.
Tes fasquia de barco mariñeiro e pescador , eu gobernareiche e ti cabalgarás as ondas para min.
No meu primeiro temporal demostrei a miña intrepidez ca osadia da mocidade , batía coas ondas nas miñas amuras cun desparpaxo abraiante . O meu patrón esixíame todo i eu todo daba, as veces creo que mais do que a prudencia aconsellaba, pero sempre resistín os embates das ondas como bo navío do norte que era.
Tiña trece anos cando fun mercado por un armador de Muros , o patrón que embarcou para patronearme foi o gran compañeiro dos derradeiros anos da miña vida.
Era eu aínda era mozo e destemido e o patrón pedíame todo o que eu lle podía dar. Dáballo todo, as veces daba mais do que boamente podía ou debía, Sabia que o meu patrón era mozo tamén e fervíalle o sangue no mar.
Tamén sabia que ía ir acougando co paso do tempo e dos golpes do mar .E así foi .
Chegamos a complementarnos de tal maneira que eu sentíame parte del i el parte miña. Era unha estraña simbioses de home e navío.
Navegamos xuntos 23 anos entre vendavais e brétemas , encalmadas e nordestadas, percorrendo a case totalidade dos portos da costa de Galicia.
Medramos xuntos, vivimos xuntos, loitamos un o carón do outro, e cando xa as forzas me abandonaban , termou de min con agarimo de irmán, procurando non forzar as miñas cansas costas.
Chegado o momento do meu pasamento , o patrón levoume na miña ultima singradura cara o despece. Eu sei que el chorou , porque as súas bagoas caeron sobre as cavillas do meu temón, e esas mesmas bagoas foron para min o mais grande recoñecemento e a mais agarimosa despedida que ninguén puidese darme.
Agora dende aquí , dende o lugar no que navego, na memoria dos que me coñeceron, síntome orgulloso da miña vida porque sei que para fasquia a miña.











8 comentarios
Estudiante
23 jun 2007 | 01:09 AM
Ei xa chejastes a casa.Eu estaba estudiando e doume por mirar a paxina.Esta moi chulo esta carta.
Posdata:Notase que o botas moito de menos.Xa non hai barcos tan chulos como o sidri.
deika saludos
Jose Dominguez Dominguez
23 jun 2007 | 01:38 AM
Manuel, amigo,
Con verdadero placer leo tus artículos; por lo que escribes y por los recuerdos que me traes.
Mi barco más querido y añorado lo tuve que abandonar en un puerto de Angola cuando en el año 90 cerraron los caladeros de Namibia. Meses más tarde me enteré que lo habían traído a España para su desguace.
Era un barco, amigo, de verdad, como se hacían antes. Fue construido en los astilleros de Barrera, en Vigo; en "ferro" como el que ya no se emplea, por su escantillón y era una satisfacción ver su comportamiento en los malos tiempos, dando sensación de seguridad y potencia. Un motor Deutz le impulsaba a 13 nudos con buena mar y, aunque su bodega al principio de marea me daba la sensacíon de ser un espacio imposible de llenar, nunca lo olvidaré.
Un fuerte abrazo.
homesdepedraenbarcosdepau
23 jun 2007 | 10:05 AM
Estudiante
Pois claro que se me acorda o Sidri , foron moitos anos en el. Case tantos como tes ti.
Media vida abordo dun barco!!!
Sorte nos exámenes que che quedan Eu xa che vexo ca toga e o birrete.
Bicos de un pai moi orgulloso.
homesdepedraenbarcosdepau
23 jun 2007 | 10:10 AM
En este barco amigo José pase 23 años de mi vida. No se si es licito o tan siquiera posible tener afecto por un barco , pero para mi el SIDRI ROBER fue algo mas que eso.
Pero la función debe continuar y ahora navego en un barco mas moderno mas comodo y mucho mas seguro.
Un abrazo José
Xocas
23 jun 2007 | 07:29 PM
Tes razón, é boa morte. Poida que co tempo non apareza mais que como un apunte nun libro de historia, pero é o mellor final, moito mellor que o dos Serpent, Captain, etc.
Se non é posible darlle o final do Reina del Carmen de Burela, o mellor é deixalo ir no seu tempo.
homesdepedraenbarcosdepau
23 jun 2007 | 08:40 PM
Xocas
No houbera sido mala idea conservar o Sidri Rober como ultimo barco do arrastre litoral clásico e de madeira, que navegou e pescou nas nosas augas.
A modernidade ábrese camiño tamén na pesca , e non caben nostalxias nin parsimonias. Prima a industrialización da flota a mellora da seguridade das tripulacións e a modernización da unidades.
O tempo dos barcos de “pau” dedicados a pesca do arrastre finou xunto co Sidri.
O mar xa non volvera a ser o mesmo , non sei se mellor ou peor , pero nunca igual.
Un saúdo
Oli
24 jun 2007 | 10:37 AM
Gustame moito como contaches a historia, a carta de despedida, saironseme as bagoas, moi bonita, e vese que lle tiñas mooito cariño e que o estrañas moito.
Ademais as fotos que acompañan as fotos son preciosas.
UN BICO ENORME!!!!
homesdepedraenbarcosdepau
24 jun 2007 | 12:22 PM
A verdade é que si Oli, fago de menos o vello barco de pau. Foron moitos anos navegando xuntos.
Pero o mundo segue a xirar e as novas tecnoloxias afastan as vellas , asi como os mozos teñen que ocupar o noso lugar algun dia.
Unha aperta mariñeira.
Escribe un comentario