As crenzas relixiosas no medio da xente do mar non son o único medio ao seu alcance para tratar de conxurar a impotencia humana; existen tamén os vellos ritos para propiciar a pesca. A fe que moitos dedican á Virxe ou aos Santos da súa devoción; esvaecese cando sobre todo porque había ocasións nas que a pesar das oracións, e da esperanza na axuda divina, todo parece saír mal. A veces pásanse días enteiros sen pescar apenas nada, e o desánimo apoderase de toda a tripulación. Neses casos
a crenza máis frecuente é a de que alguén botáralles o mal de ollo e que
a embarcación estaba embruxada. Desde ese instante entrábase nunha dimensión espiritual diferente na que a relixión cristiá perdía toda a súa forza, e recorríase a unha meiga para que co seu poder desfixese o feitizo que envolvía á embarcación. O procedemento que se seguía estaba revestido de gran solemnidade e secretismo. Pola noite, embarcábase a tripulación levando con ela a unha bruxa. En medio do mar deixábase o barco o garete. Persignábanse todos, descubrían a cabeza e axeonllábanse en silencio como se estivesen na igrexa. Cada un deles levaba na man un cirio aceso, mentres que a bruxa, ataviada cunha estola e provista dun libro, ía musitando unhas oracións para cortar o mal de ollo...

Logo a meiga mandaba colocar unha restra de allos nalgún lugar estratéxico do barco e prohibía a todos os tripulantes que se embarcasen xamais con algunha prenda de cor vermello.

Si encambo o mal é porque o patrón esta afectado por algún mal “aire” , o remedio é acudir a muller que sabe quitalo e enfrontarse a peneira que había dicir se o aire era de vivo ou de morto.

En calquera dos casos o afectado tiña que pasar por o fume purificador do loureiro mentres tres Marías rezan e din conxuros xunto ca meiga que han de facer que o patrón quede libre de toda mala influenza.

.

Se o día seguinte o barco volvía a ateigar as súas redes de peixes, entón e que a meiga e a peneira cumpriran ben a súa finalidade.