O que leu algunha vez a bitácora de homesdepedra (e prefiro nomeala así en vez de co termo xa tan aceptado de blog), sabe da miña interese polos naufraxios e por todas as circunstancias que os arrodean.
Hoxe no encontro de embarcacións tradicionais puidemos ollar no peirao de Curuxeiras en Ferrol, moitos barcos que teñen unha moi dilatada vida percorrida sobre as ondas e que nunca naufragaron.
Non naufragaron porque os carpinteiros de ribeira que os construíron fixéronos para soportar os embates dos mares , e os patróns que os mandaron, souberon termar dos seus temóns con firmeza e agarimo . A firmeza necesaria para sortear e capear os vendavais con rumbos apropiados , e o agarimo preciso para saber en que punto hai que poñer proa a porto para non arriscar vidas nin barcos.
Porque os barcos non son feitos para naufragar . Os naufraxios son tan solo a expresión da ineptitude e da inconsciencia humana o tentar forzar os limites do barco no medio da furia da natureza en forma de temporal.
Ei que naveguei moitos anos nun barco de madeira (por iso o titulo da miña bitácora) sei ben da valentía dos barcos , que aínda que vellos , foron ben deseñados e mellor construídos.
Por iso foi un verdadeiro gusto poder ollar no medio destes encontros, os vellos e bos barcos de madeira que son representativos de outras épocas e parte moi importante da cultura mariñeira .
Coidando deles coidamos do noso propio pasado, e amosando a xente nova un pasado que parece afastado no tempo pero que algúns aínda temos preto na nosa memoria, axudaremos a que nunca se esqueza.
Ola veciño:
Desde A Coruña, aínda que co corazón en Esteiro te saúdo.
Por favor, poderías enviarme as fotos que sacaches no encontro??
Grazas.
Este fin de semana proximo enviareite as fotos.
Agora non teño moito tempo que entramos co barco en Muros e tan so dispoño de unhas horas para estar na casa.
Unha apreta sentida.
E increible como escribes, como podes transformar tantas horas de traballo sen descanso, tanto risco para os mariñeiros e angustia para as mulleres que quedan na casa, en doces sentimentos de admiracion e orgullo cara o aquelo que foi a principal fonte de alimentacion e a principal causa de mortandade en Galicia durante moitos anos. Que contradicions verdade? pero e esactamente asi.
Kassandra , solo escribo o que sinto e síntome orgulloso de ser mariñeiro pois e a profesión que elixín e mais o traballo que me da de comer.
Seria ingrato pola miña banda falar mal dunha ocupación na que levo tantos anos e tanto traballo gastado.
Fai anos era duro e perigoso andar o mar , hoxe en día cos barcos mais modernos , mais grandes e mellor equipados , os riscos minimízanse.
Aínda temos que mellorar moito en cuestións laborais e salariais pero pouco a pouco.
Somos un colectivo que se fai ver pouco e as administracións téñennos medio esquecidos.
Un Bico