Fai moito, moito tempo, vivÃa no fondo das costas da nosa Galicia unha serea chamada Ximiela, que era a esposa de Meixide, que é un dos moitos deuses do mar. Ximiela adoitaba subir á superficie das augas e alà deitarse nalgunha rocha da que puidese contemplar a vila, ao lonxe. Gustáballe especialmente facer isto de noite, cando as luces do pobo case eclipsaban ás estrelas do ceo. Envexaba aos seus habitantes que tiñan sempre esas cousas que non se podÃan atopar no fondo do mar, o vento, o sol, a neve... cousas que a ela estábanlle vetadas. AsÃ, decidiu que se ela tiña unha filla algun dia , non lle privarÃa desas sensacións que ela se perdera.
Pouco tempo despois, este pensamento fÃxose realidade, e a serea Ximiela foi nai dunha pequena e fermosa criatura. E con gran dor do seu corazón, pero sentÃndose á vez satisfeita por brindarlle esa oportunidade á súa filla, trasladouna a unha praia que habÃa preto da vila. E alà deixouna, nas areas brancas da beiramar , bicándoa cun deses bicos que só dan as nais, sereas e os seres máxicos, que crean un aura de protección.
No pobo, vivÃa un matrimonio que dedicaba a súa vida á recoller cunchas nas praias que logo pintaban e vendÃan . Ese dÃa decidiu o matrimonio ir moi de maña na procura de cunchas a praia. Mentres facÃan a súa labor creron oÃr un choro feble. Buscando a orixe do son, non tardaron en atopar á pequena recen nada, e movidos pola compaixón e a responsabilidade, recollérona. Cando albiscaron entre as roupas que a envolvÃan, descubriron asombrados que non era como as outras nenas: a metade inferior do seu corpo era como o rabo dun peixe, recuberto de escamas brillantes; era unha serea. Chamárona MarusÃa, que quere dicir "ondas bravas".
Pasou o tempo, e a nena medrou e chegou a facerse unha muller de extraordinaria beleza. A súa pel era maina como a do pexego, e os seus ollos despedÃan un fulgor único que lembraba ao das esmeraldas. O seu cabelo longo parecÃa ser amigo do vento, pois ambos xogaban constantemente, e en fin, MarusÃa espertaba paixóns entre todos os que a ollaban . Ela, humilde, sentÃase incómoda polo efecto que causaba nos outros, e pediulle aos seus pais adoptivos ser ela quen pintase as cunchas que eles vendÃan, porque asà non terÃa máis contacto cos demais que o estrictamente necesario. E asà pasou ela a encargarse desta tarefa, engadindo as cunchas, fermosos debuxos de paxaros e flores e sobre todo, paisaxes mariños que dalgún modo lle viñan á mente. O número de compradores aumentaba sen cesar e ademais espallouse o rumor de que esas cunchas eran eficaces talismáns se un querÃa emprender unha viaxe en barco.
Un dÃa apareceu na tenda un comerciante que pediu ver á creadora de tan fermosas cunchas. Ao ver a MarusÃa , pensou que serÃa un gran negocio amosala ao público e quixo mercarlla ao matrimonio. Ao principio eles aldraxáronse, pero tal foi a insistencia do comerciante que ao final vendérona por unha forte suma de diñeiro. Cando MarusÃa se decatou que habÃa sido vendida, suplicoulles que trocasen de idea, pero de nada serviron os seus queixumes; o trato estaba fechado.
Pola noite pareceulle oÃr unha voz que a chamaba, coma se o mar repetise o seu nome, pero nada viu. Pasou a noite pintando a súa última cuncha. à mañá seguinte habÃa un carro preparado con barrotes para levala ata o porto, onde tomarÃan un barco no que habÃan embarcar para outra terra. Partiron, e na casa quedou o matrimonio desacougado, presentindo que actuaran mal e que agora un perigo cernÃase sobre eles.
Chamaron á porta, abriron e apareceu unha muller vestida de branco que querÃa comprar unha cuncha. Dándolle a elixir, ela escolleu precisamente esa última que MarusÃa pintara a noite anterior. Botándolles unha última mirada, non saberÃa dicir se rabiosa ou desprezativa, pagou e foise a praia onde anos atrás deixara a súa filla.
Guindou a cuncha o mar e unha terrible tempestade empezou a azoutar a costa. O barco no que viaxaban MarusÃa e o comerciante intentou en van volver ao porto, pero unha enorme vaga precipitouno ao fondo do mar. Mentres o barco se afundÃa, a última imaxe que viu o comerciante, que crÃa estar delirando pola proximidade da morte, foi a dunha muller de branco, con rabo de peixe, que se levaba a MarusÃa da man. Era Ximiela rescatando á súa filla. Trala tempestade, o pobo quedou borrado do mapa, tan so quedou unha praia chea de cunchas . E non fai moito aÃnda se vendÃan nalgúns pobos da nosa terra unhas cunchas pintadas que lembraban moito ás que pintaba MarusÃa, a filla do mar, e que os mariñeiros mercaban para levar nos seus barcos , pois dicÃase que daban boa mar e mellor sorte.
Unha preciosa historia,
MOITOS BICOS E BO FIN DE SEMANA!!!
Muy bonita la historia y siempre tirando al mar... si la cabra tira pa'l monte... que es lo que tira pa'l mar? El velero? naa la sirena tira pa'l mar.
Un abrazo
Bicos Oli , Aledome de que che gustase o conto.
Padron-dueñas:
As cabras tiran para o monte e os mariñeiros para o mar.
E durante moitos anos as unicas mulleres que habia no mar eran as sereas .
Estrelas salgadas
buguinas dos ventos