Hoxe, remexendo polo internet atopeime ca bitácora dun tripulante do helicóptero de rescate PESCA 1 adscrito a consellería de pesca da Xunta de Galicia.
Venme a memoria un episodio vivido no mar abordo do Sidri Rober no mes de Abril do ano 2000 no que a tripulación do citado helicóptero xogou un importante papel para salvar a vida dun compañeiro meu.
O arredor das 11 e media da maña do día 3 de abril do ano 2000 faenabamos nunha zona de pesca chamada “ O PROFUNDO”. O vento era fescachon do NW con rachas de forza
Ante tal panorama , decido dar por rematadas as faenas de pesca e marchar para porto en espera de mellores condicións meteorolóxicas. Chamo o persoal para virar as artes e o finalizada a labor aviso o meu patrón de costa para que suba para a ponte a facerse cargo do goberno do barco. Non chegou a subir...
Sinto dende a ponte os berros de auxilio do meu patrón e compañeiro e abrindo a trapela que da acceso o gardacalores vexo que esta caído no chan con síntomas de padecer algún tipo de síncope.
Comprobado o estado de gravidade do meu compañeiro, decido chamar o centro de coordinación de salvamento Finisterre para obter axuda, eles póñenme en contacto con un medico a través da radiotelefonía.
Cos síntomas que eu lle relato o doutor , el decide que se trata posiblemente de un accidente cerebro-vascular (como así foi) . e decide que hai que evacuar o doente canto antes.
Atopabámonos a unha hora e media do porto mais preto polo que deciden mobilizar o helicóptero de rescate PESCA 1 que ten a súa base en Vigo. Mentres nos achegabámonos a toda maquina para terra.
O PESCA 1 tardou en chegar a nosa vertical aínda non unha hora dende que fixemos a nosa primeira chamada de petición de axuda.
Ver a silueta do aparello achegarse a nos foi enormemente tranquilizador , pois o estado do noso compañeiro parecía agravarse por momentos.
Seguindo as indicacións do piloto puxen o barco aproado o vento e dende o helicóptero descolgouse o rescatador con moito perigo para a súa integridade física , pois o vento arrepiaba e o mar escachaba na proa do Sidri facendo que cabecease de forma violenta.
Logo de bater por un par de veces no costado de barco , foi quen de pousar na popa e enganchar o noso compañeiro o cal nos xa tiñamos preparado cun chaleco salvavidas posto e con roupa de abrigo.
Esta pronta actuación do PESCA 1 foi posiblemente o que salvou a vida o noso compañeiro , o cal hoxe en día aínda pode contalo na compaña da súa muller e as súas fillas.
Unha vida mais que teñen que apuntarse no seu computo os arriscados tripulantes do PESCA 1.
Salvado de las aguas (Los Puntos)
Eses equipos de rescate fan unha labor moi importante, e de valorar, e ti fixecheslle de esta maneira un bo homenaxe,
BICOSS!!!!
Posiblemente a chegada do helicoptero en tan corto espacio de tempo,o traslado en ambulancia a santiago,o bo facer dos neurociruxans,(pois son uns profesionais como a copa dun pino).Todo eso con tanta rapidez,axudaron a que siga neste valle de lagrimas,pero nada,nada,nada de todo eso seria posible,sin o saber estar e saber o que facer en todo caso,do patrón do Sidri Rober(Manolo),o cal estarei agradecido de por vida.Por todo eso,e por seguir aqui gracias a ti,somente me queda decir unha palabra ben alta e forte GRACIAS MANOLO.
Pd.Salvado de las aguas é unha canción dos Puntos,escoitarala podeche gustar.
se o relato impresiona tanto, non quero nin imaxinar como foi vivilo. O dito, moit máis do que sabemos fan eses traballadores do rescate e da axuda. Graciñas pola historia!
Os equipos de rescate fan unha gran labor ,arriscando a súa vida pa salvar a de outras persoas ,gracias pesca 1.E sobre todo MIL graciñas a tí que que pola tua rapidez e intuición pode seguir entre nós esa GRAN PERSOA
!!!! GRACIAS MANOLO!!!!
Pd.Salvdo de las aguas é unha fermosa cación que pa min ten moito significado
Apertas.
Oli
Pódese decir que fan o seu traballo , pero e unha labor abnegada e arriscada.
Un traballo que consiste en salvar vidas alleas arriscando as veces as propias.
Creo que teñen ben gañado o noso modesto homenaxe
Bicos Oli
A túa amizade , a cal valoro como un dos meus mais grandes tesouros, faite crer que fixen algo inusitado ou meritorio naquel intre.
Non , meu ben estimado amigo , tan so fixen (acompañado dos teus outros compañeiros) o que calquera outro faría na mesma situación.
O mérito e da xente como os tripulantes do PESCA 1 que arriscan as súas vidas a cotío para tratar de preservar as nosas.
Unha aperta
Torredebabel
Son intres nos que unha adecuada coordinación de medios e de persoas levan a que se poda preservar a integridade física do accidentado.
Neste caso o meu compañeiro puido salvar a súa vida gracias a eficaz intervención do helicóptero.
Si esa mesma situación se houbese dado tan so uns poucos anos antes onde non existían eses medios de salvamento nas nosas costas probablemente o meu amigo nos estivese agora entre nos.
Unha aperta ao menos lonxe
Aries
Coincido plenamente contigo en que é unha gran persoa e un excelente amigo.
Como podes comprobar xa puxen a canción de Los Puntos.
Parabéns