Esta e a lista dos nomes dos barcos de arrastre que pasaron polo porto de Muros. Seguro que me esquezo de algún pois eu persoalmente non coñecín a maioría deles e acudín os vellos mariñeiros para que me dixeran os nomes de todos os que lembraban .
Os nomes barcos mais vellos son das décadas 30 e 40 do pasado século . E de subliñar a imaxinación dos que os nomearon .
..........................
Macaya R entrando en Muros (anos 80)
Alba Mar
Alba Do Mar
Almirante
Alza
Andiño
Anfítritre
Amadorcin
Amaro Carabel
Antonio Sanpedro 2º
Cantos nomes....o que mais me husta é KICA.
BICOS DE DOMINGO!!!
lembrome de moitos deles e de 1 especialmente.lembrome de un que pasou pouco tempo no noso muelle e que ti non debes recordar,o seu nome era RIO RUS
Canta autorreferencialidade no asunto dos nomes! Gustáronme algúns pero teño que dicir que o Alberto Durero no que os meus chegaron á Arxentina sempre terá, dende logo, o nome máis especial de todos. Apertas!
Oli:
A min un dos que mais me gusta e o nomeado ANFITRITE.
Leva o nome da deusa do mar tanquilo e consorte do deus poseidon. do deus Poseidon
Tes toda a razón Moncha, non sei como se me esqueceu o nome do RIO RUS. Aínda que non estivo moito tempo no noso porto , tocoume remolcalo unha vez para terra andando eu no Choquero.
Seguro que han quedar mais nomes por poñer , pero eu non recordo mais.
Unha aperta e gracias por lerme
A autorreferencialidade e unha forma moi usada polos donos dos barcos para nomealos. Supoño que é un intento de perpetuarse.
Un barco que leve o nome do pintor alemán do renacemento ten que ser fermoso sexa como sexa.
Ei remexer entre os meus libros e polo internet haber si atopo algunha referencia o Alberto Durero. Si topo xa che farei saber.
Unha aperta
Remexendo unha tarde de nadal na flota de altura da historia do noso adorable porto pesqueiro decatamonos de que faltaba algun surcamares dos que acostumaban arribar no noso porto; Francisco yañez e San Martin de arriba. Unha aperta mariñeira do teu curman.
Pitix
Correxido e aumentado o listado de nomes co Yañez e co S.M. De Arriba.
Seguro que ainda queda aljun sen poñer.
Agora habia que añadirlle a cada un a sua foto.
Apertas.