Se eu fose mariñeiro,

Cando se anuncia a noite

a estrela que mais cedo alumea ,

no mastro mais alto,

a miña pobre alma cansa penduraría;

Así, cada mañá

bañada de rocío

e limpa de paixóns,

co día que nace,

O alma estrearía.

Apoiado no teu peito de pedra

vin o reflexo sobre o auga;

e tan fiel retrato fixo

que crin oír o murmurio do meu corazón entre as vagas

e vin na superficie,

navegando na escuma,

o tremor da miña alma.

O teu nome muller ,

Cántas veces o escribín

sobre a area mollada.?

Veu unha onda en silencio

e, como unha amiga fiel,

Outras tantas veces borrouno.


Ai se fixese o mesmo coa miña memoria!