A maioría das persoas pasamos por este mundo como medio agachados, sen facer moito balbordo. Vivimos cos nosos e para os nosos, traballamos , temos as nosas lagoas de ledicia e os nosos mares de tristuras . Andamos as mais veces atafegados co ritmo que nos impón a sociedade de consumo creando necesidades ficticias que as mais das veces non podemos acadar e logo deprimímonos . E abraiante ver a cantidade de xente que é adicta o tranquimacin!
Pasamos a vida sen deixar case pegada e despois de finar, unha lousa con un nome e unhas datas é o único que nos perpetuara durante un par de xeneracions todo o mais.
E unha magoa pero é o que hai; podemos vivir oitenta ou noventa anos , pero a nosa memoria tardara case de seguro menos en esquecerse.
Iso hanos de pasar a unha enorme porcentaxe de nos, por non decir a case todos.
Tan so un pequeno número de seres humanos han ser lembrados no tempo .
Entre o panteón de xenios que merecen non ser esquecidos nunca atopase Wolfrang Amadeus Mozart . Una curta vida pero que pasou como un remuíño no medio da Europa do século XVIII batendo de maneira brutal ca súa musica nos sentidos e nas almas.
Apenas 35 anos de paso por este mundo e acadou o que a case totalidade da xente nunca seremos quen así vivamos mil anos, a inmortalidade na memoria.
Deixo aquí un fragmento do Réquiem ( Confutatis e Lacrimosa) para disfrutar un chisco da xenialidade de Mozart. Non poderemos nunca compoñer cousas ten fermosas como o Réquiem, pero podemos tratar de aprecialo no que vale, ou polo menos intentalo.
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados