As rías galegas xa eran nos tempos dos romanos famosas pola abundancia dos seus peixes e mariscos. O poeta hispano-latino Marcial, do século I d. de C., dicía
que o Callaicum Oceanum estaba callado de peixes. Pero a explotación continua e irracional desta riqueza natural fixo, ao cabo de moitos séculos, que empezase a escasear a fauna mariña, diante do conseguinte asombro dos mariñeiros que vían asustados como iban diminuíndo as capturas. A noticia máis antiga que se coñece sobre a necesidade de controlar as capturas procede das Ordenanzas de Muros do ano 1560, nas que se prohibe pescar os sábados e os domingos, así como tamén se delimita unha zona que se somete a seis meses de veda nas periferia da costa de Monte Louro, na boca da ría de Muros. Sen embargo, nunca ata o século XVIII se expuxera ninguén a necesidade dun control rigoroso das actividades pesqueiras. Faltan os peixes no mar
-dicía o Padre Sarmiento nese século- porque desprézanse as leis da veda, que se puxeron xustamente en favor da cría. Faltan nos ríos, porque coa cal, coca, torvisco e con outros inicuos medios de pescar, se pesca todo dun golpe, e dun golpe quédase o río sen pesca. Pero os mariñeiros seguiron cos seus costumes ancestrais sen prestar ningunha atención a esas advertencias.
Foi necesario que transcorresen máis de douscentos anos para que se empezase a comprender a sabia visión ecoloxista que expuxo o Padre Sarmiento en 1757 cando dixo que a culpa da diminución das capturas pesqueiras non a tiñan os mares nin as augas dos ríos, senón a ignorancia da Historia Natural; a avaricia de querelo comer todo nun día; a desidia de non poñer o remedio; a inobservancia das leis económicas; e a inquieta gula que non espera a que as cousas estean en sazón.


Logo de mais de 500 anos despois aínda non acabamos co mar , pero todo se andará.