Entre os séculos VI e V a.d.C. chegaron os celtas o noroeste da península Iberica ó mesmo tempo que impuñan a súa hexemonía e influxo noutras poboacións da Europa mediterránea, A orixe celta de Galicia , di Manuel Murguía, non pode poñerse en dúbida. O celta (engade) é o noso único, o noso verdadeiro devanceiro . Testemúñano así os castros, os monumentos megalíticos e os demais restos prehistóricos que deles quedan no espallados polo país.
Os celtas adoraban como deuses as fragas, os montes, os ríos, as fontes e algúns lugares, crenzas que de certa maneira aínda perviven nas nosas comarcas. Adoitaban celebrar de noite as súas cerimonias e xuntanzas, feito do que non fai moitos anos aínda perduraban reminiscencias a xeito de ruadas, trulladas e foliadas. Tiñan por afronta morrer de enfermidade e expoñían os doentes nos camiños por ver se algún transeúnte coñecía e sabía tratar o seu padecemento; veneraban as figueiras como árbores que lles aprtaban alimento; adoraban o sol acudindo ó Finisterrae en onde tiñan o seu altar o Sol o Arasolis; profesaban especial devoción ó deus Endovelio e tiñan outros deuses como Bandía, Neith, Neton, Hades, Eiduorio e outros. Crían na inmortalidade e, polo tanto, na existencia doutra vida. Alimentábanse de belotas e carne, facendo da belota moída unha especie de fariña ca que cocían un pan; celebraban certames a pé ou a cabalo, con carreiras, tiros de dardos e loitas; sacrificaban machos cabríos a súa deidade guerreira; axustizaban os condenados a morte despenándoos dende cantís ; lapidaban os parricidas por fóra das murallas que defendían os poboados; vaticinaban o futuro nas entrañas das víctimas dos seus sacrificios, no voo dos paxaros e a dirección das lapas do lume; e tiñan por lugares sagrados o Monte Pindo ou o Pico Sacro non tendo permitido neles rachar as súas pedras.
Esta civilización perviviu de algunha maneira hasta a chegada dos colonizadores romanos aló no primeiro século da nosa era
Gustame moito todo relacionado ca cultura Celta, e ti explicalo moi ben.
Son moitos e mois bonitos os vestixios que podemos atopar na nosa terra dos celtas, e vale a pena visitalos e coñecelos,
BICOS!!
lembrar a nosa historia é garantir un futuro mellor. Graciñas por este post!
Ola:
Eche ben interesante o post que compartes hoxe cos teus visitantes. E introduce un debate ben interesante.
Eu unicamente pretendo dar a visión da que participo sen por eso deixar de mostrar o respeto a túa postura calificada como "Celtismo".
Penso que é máis correcto falar do papel fundamental na historia do noso país da cultura castrexa, que non é o mesmo que a cultura celta.
O Celtismo é unha teoría auspiciada polo Rexurdimento e aceptada tamén pola Xeración Nós xa no século XX, e neste sentido ten moita importancia.
Mais actualmente as teorías do Celtismo son importantes desde o punto de vista da historiografía, estando xa superadas ata o punto de que a investigación histórica actual se apoia en teses científicas absolutamente diferentes que consiste en considerar a existencia dunha civilización castrexa en Europa ainda que con moitas diferencias entre uns paises e outros sen poder a establecer elementos homoxeneizadores máis alá da evidencia de que os asentamentos constitúen castros.
Vaia, coa intención de falar un pouco sobre o tema, esta é a miña opinión.
Un saúdo mariñeiro.
Oli
A chamada "cultura celta" esvara entre o mito e a realidade.
Pero a quen non lle gusta pensar que e descendente de un pobo que adoraba os montes, o sol, as fragas e o rios?.
Un bico grande e moi bo fin de semana
Torredebabel
Sempre e bo mirar cara atras, ainda que neste caso a historia fundese ca lenda a partes iguiais , pero non deixa de ser fermoso.
unha aperta.
O´fartura
Non hai debate posible meu benestimado O`fartura, pois concordo ca túa esposicion case na súa totalidade.
Tan so unha apostila
Aínda que a min persoalmente non me gusta, nin se debe catalogar a ningún pobo pola súa raza (termo xa pasado de moda) e de salientar en que en determinadas zonas da nosa terra onde a secular incomunicación fixo que a endogamia fose endémica , rexistrase un fenotipo de xente con rasgos claramente nórdicos ( lease louros ou vermellos e ollos claros) . Non sei se eso pode ser indicativo dunha herdanza que non fose a mesma que os iberos pois eles posuían unas características diferentes.
Dame un pouco de “grima” facer este tipo de división baseada en distintas características físicas , espero que non se mal interpreten as miñas verbas.
Distinguir a un galego é doado: Basta escoitar o seu acento e darse conta da súa capacidade para a retranca. A imaxinería popular, baseada nas teorías escasamente fundamentadas dos nacionalistas románticos do século XIX, alude a unha raza herdeira directa dos celtas, que se distinguían dos demais pobos peninsulares pola súa elevada estatura e color claro de cabelo, pel e ollos. Pero a cuestión é que tralos tópicos dos que falamos non existe algunha evidencia científica que respalde e que certifique que os galegos somos xenéticamente diferentes do resto dos poboadores da península.
Aínda que e bonito pensar que os nosos antergos adoraban o sol e os montes que son deidades tanxibles e non a intanxibles deuses creados polos homes para servir os homes.
Unha aperta