La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

1, sep

Barcos vellos

homesdepedraenbarcosdepau

Estes eran os barcos que traballaban o arrastre nestas costas nas ultimas décadas do pasado século.
Xa non existe ningun deles porque foron despezados , afundidos ou desaparecidos.
En varios deles anduven eu embarcado algunha vez.

...................................................

O "Agrelo" , antes chamado "Mosteiron" ; Propiedade dun armador de Muros e con base no Porto da Coruña.
Naufragou e afundiu a unhas 15 millas da torre de Hercules

..............................................

" Alba do Mar" foi construido para remplazar o " Juanito Concepcion". De armadores de Muros case nunca fixo base na vila.
Foi vendido e sustituido polo "Alba Mar"

.........................................................

"Anjo" arrastreir con base na Coruña, foi despezado nos anos 90

......................................................................

"Barco de Avila" Arrastreiro con base en Santa Uxia.
despezado nos anos 90 foi remplazado polo "Takotas"

......................................................
"Bocelo" arrastreiro con base na Coruña. tiña dous xemelgos propiedade do mesmo armador o "Brigo" e mailo "Espenuca".
Despezados os tres nos anos 80

...........................................................
"Boer" Arrastreiro con base na Coruña.
Foi despezado nos anos 90

...............................................................
"Campo Cabana" arrastreiro con base en Santa Uxia, anteriormente tiña a sua base en Burela.
Afundido fronte o cabo de Villano a unhas 10 millas

...........................................................
"Campo Eder" con base en Santa Uxia foi despezado e remplazado polo "Sanper" (San Pedro Perez)

................................................................
" Ciudad de Santa Eugenia" Con base en Santa Uxia , case sempre se dedicou o arrastre en parella.
Ainda esta operativo , pero esta preto xa de ser despezado.

..........................................................
"Hermanos Dies Colome" Este arrastreiro fixo base moitos anos en Muros . Anduven eu nel embarcado de mariñeiro no ano 1978.
Foi logo vendido para Santa Uxia onde foi reformado parcialmente.
O 25 de abril de 1991 foi abordado por un mercante a altura da illas Sisargas afundido e levando con el os seus 11 tripulantes.
O mercante fuxeiu e nunca puido ser identificado.

........................................................
"Llave del Cielo" Este arrastreixo con base en Santa Uxia fixo parella co "Sidri Rober" do cal era eu seu patrón a mediados da década dos 80.
Despezado nos anos 90.

............................................................
"Mar Once" Neste Bou anduven eu de patron de costa no ano 1979.
De armadores de Muros foi vendido logo para Huelva.
Desapareceu no mar sen deixar rastro e con el desapareceron os seus 12 tripulantes

2 comentarios

padron-duenas

1 sep 2007 | 08:58 PM

Avatar

Me han gustado mucho las fotos, tal es asi que te deje algo escrito en mi blog.

Un abrazo

homesdepedraenbarcosdepau

2 sep 2007 | 01:41 PM

Avatar

Padron -dueñas
E pasado por tu bitacora y he leido las hermosas estrofas que has escrito.
Muchas gracias por conmover el corazon de un marinero que se considera a veces un hombre de piedra.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM