Un dos maiores desastres por número de perdidas de vidas humanas nas nosas costas non ocorreu en alta mar senón paradoxicamente se produciu a poucos metros de terra ao “abrigo” do interior da ría de viveiro (Lugo). O día 29 de outubro do ano 1810 unha flotilla conxunta hispano-británica arribou para guarecerse do forte temporal reinante do Nordeste. enfronte da vila de Viveiro ao fondo da ría do mesmo nome. A Escuadra a compoñían por parte española a fragata Magdalena, o bergantín Palomo e dous transportes. Os buques británicos eran as fragatas Narcisos, Amazone, Arethuse e Medusa e mailo bergantín Mahón. Na tarde do día 2 de novembro virou o vento ao Norte, arrepiando de tal maneira que por momentos as ondas embarcaban polas proas dos buques fondeados.
A Magdalena e o Palomo comezaron a ter serias dificultades pois tan só dispoñían dunha áncora para manter a súa posición ao haber perdido xa as outras.
Ao caer a noite e vendo que a súa situación xa era desesperada os tripulantes de ambos buques pediron auxilio por medio de bengalas, pero a virulencia das vagas e a forza do vento que por momento xa era un furacán, impedían calquera rescate .
As duas da madrugada faltou a cadea da única áncora que restaba á fragata Magdalena índose para a costa e levando por diante na súa descontrolada carreira cara a morte a unha fragata inglesa.
Os tripulantes dá fragata española cortaron o mastro da maior pola fogonadura nun intento de rebaixar a deriva para as rochas da costa pero ao caer o pau arrasou coa regala, a batallola e con gran número de barraganetes producindo innumerables vías de auga. Os dous buques logo dunha denodada loita contra o mar naufragaron nas rochas dos Castelos.
Antes da madrugada o Palomo embarrancou tamén e foi engulido polas enormes ondas na praia de Sacido.
O cadáver da capitán de Navío Blas de Salcedo comandante da fragata Magdalena apareceu abrazado ao do seu fillo maior o cal navegaba a súas ordenes no posto de garda mariña.
750 vidas foron o imposto pago ao mar nesta ocasión. 550 españois e 200 ingleses.
Logo desta traxedia a Armada española promulgou unha nova ordenanza na que se prohibía a pais e fillos, ou a varios irmáns navegar a bordo dun mesmo navío.
En esta ligazon que me enviou o amigo Cazandobiosbardos poderedes ter unha maior e mellor documentada informacion sobre o Magdalena e o Palomo
Si señor, así foi. É unha pena que moitos viveireses non coñezan porque hai aquela especie de monolito nos Castelos.
Aquí está a historia contada máis a fondo (o importante resumíchelo ti á perfección) e unha foto máis actual.
http://www.1808-1814.org/articulos/palomo.html
http://images.google.es/imgres?imgurl=http://www.viveiro.es/image...
Cazandobiosbardos.
Resumin ate case o esquematico a terrible historia acontecida na ria de Viveiro durante a guerra de independencia. Non e cuestion de aburrir os sufridos lectores de esta bitacora con cifras datos e datas.
non obstante vou poñer a ligazon que ti me envias por se alguen quer afondar no tema.
Apertas mariñeiras