O Meira da Costa en Muros
Proa
Popa
Redes e redeiros
A Vila dende a proa
Cos peixes na popa
As pastecas (roldanas)
O escudo de Muros na proa do Meira
O Meira da Costa en Muros
Proa
Popa
Redes e redeiros
A Vila dende a proa
Cos peixes na popa
As pastecas (roldanas)
O escudo de Muros na proa do Meira
Los comentarios están cerrados
Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade.
Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
contador de visitas
Contador gratuito
CONTACTO con tacto
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM
Copyright © 2008 - Homes de pedra en barcos de pau - es un blog hospedado en La Coctelera con el tema Diario
Esto si que é un barco, eh!
Canta autonomía ten? en dias de mar, e canto gasoil consume?
É curiosidade
Xocas
De consumo anda arredor dos 2.500 litros de gas-oil cada 24 horas.
Hai que ter en conta de que aparte do motor principal sempre hai aceso algun auxiliar as veces dous.
A autonomia a un rexime de revolucions axeitado deberia estar arredor de un mes.
O litro de gas-oil para pesqueiros debe andar arredor dos 55 centimos de Euro
Hai cousa de 15 días tiven a oportunidade de pasar unha fin de semana no porto de Muros, non foi a primeira vez, xa que estivera tamén na xornadas de "Muros mira ao mar" no 2005, nesa ocasión en outro veleiro que o desta ocasión, e a entrada da Ría de Muros-Noia e o proto de Muros en si denotan da importancia ancestral da actividade económica deste porto, e así o verifican as antigas fotos do porto ateigado de lanchas de relinga (xeiteiras). Tiven o gusto de pasear contemplando estes barcos maxestuosos descansando da faena.
Osea, que cada día no mar anda como mínimo por máis de 1200 euros!!!
E logo din que o peixe é barato... e non falemos do traballo de ir buscalo!
No blog da Confraría de Cedeira hai un comentario dun armador da costera do bonito no que "pide papas" di que non vai volver ao bonito porque non lle é rentable. Da unhas cifras moi interesantes de prezo do peixe.
Non quero pensar canto gaña cada mariñeiro...
A proxima vez que veñas a Vila non dubides en porte en contacto comigo . Servireiche de cicerone e tomaremos unhas cañas sentados nalgunha terraza.
Apertas
Desta volta foi un viaxe algo raro no velero dun amigo, escapando da rutina do verán e os coches mal aparcados decidiu ir a Muros e convidarme á viaxe, é unha vila que me gusta, como xa che teño comentado, aída que desde a miña anterior cambiaron o formato dos letreiros indicadores cos peculiares nomes das rúas. Para a próxima avisarei.
Agora imos aproveitar este nortiño para dar unha volta a vela na dorna "Pelexa" que a teño en seco dende hai xa algún tempo de máis.
Atopei esta entrada despois de ler a de onte (5 de marzo de 2009).
Gustoume moito ve-lo barco en Muros.
Shhhh! un segredo: gardei a que ten o escudo de Muros no meu ordenador ;-)
Unha aperta.
Antón.
Antón de Muros
Xa ves que paseo o escudo da nosa vila polos portos nos que andamos.
E que orgulloso e fachendoso se sinte o barco o levalo no bico da sua proa