Nas ordenanzas municipais da Vila de Muros no ano 1560 veñen estipulados os prezos que se debían aplicar os peixes.
PESCADO .-Acordaron y mandaron que: ----- La libra de pescada balga quatro maravedís Libra de congrio cinco maravedís Libra de besugo quatro maravedís Libra de fanecas tres maravedís e medio Libra de ollo moles tres maravedís Libra de barbos cinco maravedís Libra de gorazes tres maravedís Libra de lenguado cinco maravedís Libra de xarda cinco maravedís Libra de tea quatro maravedís Libra de robaliÇa quatro maravedís Libra de bogas tres maravedís Libra de san martiño tres maravedís Libra de sargo y praguiñan tres maravedís Libra de solla tres maravedís Libra de raya dos maravedís Libra descacho y perlones cinco maravedís Libra del lagosta cozida cinco blancas Libra de rodaballo tres maravedís Libra de corbelos cinco blancas Libra de muge pequeno cinco blancas Libra del lulas y xibas dos maravedís Libra de prago dos maravedís Quatro ostras a la blanca Libra de trucha y reo nueve blancas Libra del lagosta cruda quatro blancas Libra de centola cozida y asada quatro blancas.
Esta demostrado que a moda e os gustos cambian radicalmente segun dos tempos.
Dúas blancas facían daquela un Maravedí e 35 Maravedís facían un Real dos cales 375 formaban un Ducado
........................
Libra 0,460093 kilogramos.
Interesante, moi interesante.
Que é a tea?
E a lagosta e centola porque a vendían cocida? e asaban centola!
A xarda máis cara que a pescada!
pero sobre todo, que pasa coa sardiña?
A Tea estiven tentado de poñela entre interrogacións pois eu non sei tampouco a que especie pertence ese nome, non o fixen por respectar a forma da escritura do texto orixinal.
Non sei o porque non figura a sardiña , sendo como era unha das especies de maior importancia, pódoche dicir que tamén teño os prezos estipulados polas ordenanzas municipais de Vigo do mesmo ano(1560) e tampouco figura o prezo da sardiña. Se algún dos lectores da paxina pode aportar un motivo ou unha hipótese do porque non figuran, será ben recibida.
Polos prezos que figuran neste listado pódese deducir que os gustos sobre peixes e mariscos eran moi diferentes de hoxe en día, O San Martiño que agora e un dos peixes mais prezados atopase o mesmo valor das Bogas as cales tiramos hoxe o mar de volta can do son moi abondosas porque non teñen aceptación comercial. As lulas e Xibias estaban bastante depreciados e a libra de Rodaballo tiña o mesmo prezo que a libra de Fanecas
Cuestión de gustos ou de abundancia?
unha aperta