As 12 do mediodía do día 10 de novembro de 1956 atracou o porto de Vigo a lancha Quitin, con dous cadáveres abordo.
O patrón da lancha na súa declaracion dixo que sobre as 7 da mañá cando se dispoñia a dar o lance de amanexo a altura das illas Cíes, atopouse flotando no mar con restos dun naufraxio . Todo isto no medio dunha enorme vaga de mar e dun forte cerrazón.
Inspeccionou a zona e topou eses dous corpos que con moita dificultade puderon embarcar .
Os cadáveres recollidos pola tripulación do Quitin resultaron ser os do patrón de costa do “Ave do Mar” , Francisco Nogueira Iglesias e o do mariñeiro tamén do mesmo barco Manuel Eiroa.
.....................
O Ave do Mar era unha tarrafa con base en Moaña e tiña abordo 26 tripulantes dos que ningún se salvou.
Parece ser que volvendo para porto a altura das illas Cíes tocou nas rochas da illa San Martiño , esnaquizándose en poucos minutos e non dando tempo a que ningún membro da tripulación salvase a súa vida.
Na prensa local escribíase o seguinte uns días despois.
..................................
“ Debido al trágico hecho se suspendieron las fiestas patronales en Moaña de donde eran la totalidad de los miembros de la tripulación. Se da la triste casualidad que en el naufragio hubo dos casos en que murieron padre e hijo.
El buque fue localizado el día 17 en los bajos que rodean la isla de San Martiño, siendo extraídos de su interior, por medio de buzos , 11 cadáveres. Entre los buzos que trabajaron en la recuperación de los náufragos figuraban miembros del equipo de Mr. Potter que trabajaban en Rande con fin de extraer los tesoros de la flota de indias.
.....................................
En lembranza de este naufraxio erixiuse no cumio da punta Galera que esta sobre do acantilado da illa de San Martiño unha cruz na que reza a seguinte inscrición:
...................................
En memoria de los 26 tripulantes del pesquero de Moaña AVE DEL MAR, que han perecido aquí, en la madrugada del día 10 de noviembre de 1956: Esta cruz se coloca por iniciativa de los pescadores de Moaña y con el auxilio de otros organismos y de los familiares de las victimas.
...............................................
Lista de tripulantes do Ave do Mar
MANUEL PASTORIZA PALMAS
.
MANUEL SANTOME SOUTO
.
JOSE BANCO CANCELAS
.
JOSE MARTINEZ MARTÍNEZ
.
JOSE CARRERA PARADA
.
RAIMUNDO GRAÑA PALMAS
.
MANUEL PEREZ PARADA
.
JESUS COSTA COSTA
.
MANUEL EIROA SANTOME
.
JESUS COUSO PAREDES
.
JOSE BLANCO SOUTO
.
ATILIO ENTENZA PADIN
.
ANTONIO ALFONSO GARCIA PIÑEIRO
.
BALBINO DOMINGUEZ ENTENZA
.
RICARDO DEZA SEQUEIROS
.
BALBINO IGLESIAS CARRERA
.
FRANCISCO NOGUEIRA IGLESIAS
.
AGUSTIN PAREDES SOUTO
.
ANTONIO FERVENZA GESTIDO
.
BALBINO VAZQUEZ GESTIDO
.
JOSE DEL RIO MARTÍNEZ
.
ANTONIO BARCIA CORRALES
.
JAIME DEZA MEIRA
.
MANUEL PEREZ RODRIGUEZ
.
MANUEL CORDEIRO
Vaia, unha historia moi triste, é a parte mala do mar, que nos leva á nosa xente.....pero esa xente serán sempre heroes entre os seus!
MOITOS BICOS!
OLI
Hai vilas na nosas costas moi castigadas polo mar .
nesta ocasion foi Moaña a que sufriu a gadoupada do mar. 26 homes todos nun so naufraxio e todos da misma vila son demasiados.
Apertas .Oli