O uso de sinais luminosas destinadas a orientar á xente de mar remóntase a tempos inmemoriais. Adoitaban ser fogueiras que ardían no alto dun outeiro próximo á costa, de modo que fose suficientemente visible dende o mar. Columnas e torres votivas coroadas de lumes permanentes, que ardían en honor de heroes e semideuses, carentes de todo sistema óptico, son ilustres antepasados dos faros.
No seu poema épico A Ilíada, Homero fai referencia aos faros cando compara o brillo que irradiaba o escudo de Aquiles co que despedía o lume que ardía no alto dunha montaña:
"Como aparece o lume aceso nun sitio solitario no alto dunha monte aos navegantes que vagan polo mar, abundante en peixes, porque as tempestades afastáronos dos seus amigos; da mesma maneira, o resplandor do fermoso e labrado escudo de Aquileo chegaba ao éter." (Canto XIX, A Ilíada.)
Existen evidencias de que na guerra de Troya houbo un faro á entrada do Helesponto; outro instalaríase no estreito do Bósforo e recibiría o nome de Torre de Timaea, segundo menciona Dionisio de Bizancio. Suetonio menciona un faro na illa de Caprea e Plinio o Vello fala do faro de Ostia.
Sen embargo, non quedan rastros visibles que permitan reconstruír este precioso elo na historia dos faros. Só testemuños escritos e vagas referencias a construcións cuxa misión era guiar e previr aos navegantes, mediante o uso dunha sinal luminosa.
Considérase á torre de Alexandría como o primeiro faro de existencia comprobada e indiscutible. A súa construción era tan formidable e as súas lendas tan portentosas, que abondaron para que os antigos incluísena entre as marabillas do mundo.
´

Faro de Monte Louro
O proxecto deste faro redactouse en 1860 e saíu a poxa o 12 de abril do mesmo ano cun orzamento de contrata de 98.168,12 reais. Consiste nun pequeno edificio de planta rectangular de 11 x 10,20 metros a torre é troncopiramidal de sección hexagonal e cunha altura de 5,30 metros coroada por un balconciño lixeiramente voado sobre o que descansa o torreón cilíndrico que, pola súa vez, soporta a lanterna poligonal de 1,60 metros de diámetro con cristais planos e montantes verticais. Os traballos finalizáronse en 1861.
´
O seu aparello luminoso, da casa Sautter, con óptica de 375 mm de diámetro e unha lámpada de émbolo que utilizaba como combustible aceite, posteriormente substituída por unha Maris de petróleo. O custo da lanterna e o aparello ascendeu a 6.197 pesetas. A súa instalación foi realizada a principios de 1862 por D. Feliciano Mariño.
´
Nota do Instituto de Hidrografía. Ano 1862:
´
""FARO DE MONTE LOURO. RÍA DE MUROS. Está situado na Punta do Queixal de Monte Louro, a 82º E. da cúspide do mesmo, na embocadura da ría de Muros. Ten as seguintes características:
Aparello catadióptrico de 5º orde. Luz fixa branca. Acade en estado ordinario da atmosfera 10 millas. Latitude 42º 44'10" N. Lonxitude 2º 51'45" Ou de San Fernando. Elevación do foco luminoso sobre o nivel do mar 27,5 metros sobre o terreo 8 m.
A torre é hexagonal, da cor claro do granito do que está construída, e a lanterna octogonal branca; está unida á habitación dos torreiros, a cal é rectangular e pintada de branco con fiestras verdes.
ACESO O 15 DE JULIO DE 1862.""
´
Por aplicación da reforma do Plan de 1902, en 1019 realízase un proxecto de reforma do aparello, acolándolle un xogo de pantallas xiratorias accionadas por unha máquina de reloxería, conxunto que se adquiriu á empresa Maquinista Valenciana. A característica resultante quedou así en grupos de 4 e 1 ocultacións brancas.
´
Así permaneceu ata o 18 de abril de 1949 en que se substituíu a lámpada Maris por un sistema de acetileno composto por un destellador AGA con válvula solar e queimador de 25 l/h. Ao tempo se cambiou a característica a grupos de 2 + 1 lampos brancos e 12 millas de acade. Isto significou a supresión do persoal que o atendía, agregándose o servizo ao do faro de Rebordiño, onde se situaría a residencia do técnico.
´
Actualmente atópase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica fornecida por seis módulos de 75 W/p Reforma esta realizada a principios do ano 1993.




4 comentarios
Oli
7 oct 2007 | 01:39 PM
Encantame ver as sinais dos faros ó lonxe, como querendome decir algo, pareceme algo moi bonito!
BICOS E BO DOMINGO!!!!
homesdepedraenbarcosdepau
7 oct 2007 | 07:56 PM
Xigantes de un so ollo, Ciclopes vixias sempiternos da seguridade dos homes que andamos sobre as ondas.
Ei de ir poñendo pouco a pouco as historias dos mais salientables da nosa costa e por suposto os da miña Ria de Muros.
Bicos Oli
torredebabel
9 oct 2007 | 02:19 AM
un post fascinante!! tamén son dos que se deixan engaiolar pola presenza lírica que -máis alá da súa utilidade- teñen e espallan os faros, coma espallan ese fío de luz. Graciñas por estas historias nas que tanto se aprende...
homesdepedraenbarcosdepau
13 oct 2007 | 12:39 PM
Torredebabel
Dende o mar os faros asemellan xigantes de tan so un ollo.
Venme o maxin Polifemo e mailo seu ollo apalpando na escuridade da sua cova polos mariñeiros intrusos de Itaca.
Neste caso o xigante escruta co seu ollo a inmensidade do oceano para ensinar o camiño a outros mariñeiros.
Escribe un comentario