La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

 

´

 Notice on the mailship Sovereign sailings
Scotland, Leith port of departure
Ship founded at Muros, Spain ship destroyed


 

 

De Cardiff zarpou o bergantín inglés Sovereign o día 3 de xaneiro de 1901con rumbo a Vilagarcía . O chegar a altura da ría de Muros o temporal do SW arrepiaba e o capitán do Sovereing decidiu gorecerse no porto de Muros pero veu a embicar na mañá do día 7 na pequena enseada da Cova entre as puntas Rebordiño e A Vouga a escasos dous quilómetros da Vila.

 

 

 

O pouco de acontecer o naufraxio presentouse no lugar o axudante de mariña de Muros para coordinar o salvamento dos tripulantes do navío e tratar de salvagardar a súa carga.

´´

Os mariñeiros ingleses foron axiña postos a salvo polas xentes de Muros sendo aloxados en casas da veciñanza hasta seren repatriados.

 

 

O buque despezouse no lugar do seu embarrancamento , non sen antes ser visitado polos raqueiros que espoliaron parte do seu cargamento e das pertenzas dos tripulantes.

 

 

´´

 

 

 

Telegrama: 7 de xaneiro do 1901, Muros 12 da mañá:

Esta madrugada embarrancou no punto da nosa costa denominado a Cova, o bergantín inglés Sovereing, Toda a tripulacion foi salvada en botes . O buque no vai poder reflotarse. Comézase a sacar do mesmo os obxectos persoais dos tripulantes e a carga. Un bote pertencente ó canoneiro da Armada Española Vasco Núñez de Balboa saíu para prestar auxilios. As autoridades e veciños deste porto prestan excelentes servicios co motivo do sinistro.

 

 

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM