Na madrugada do 26 de xullo do ano 1936 , apenas un mes despois do levantamento das forzas fascistas, fixéronse o mar dende do porto de Muros dous vapores de arrastre o Santa Eulalia e Santa Rosa , que eran propiedade do industrial muradá Antonio Pérez. A bordo ían cargos públicos e xente moi identificada coa causa republicana de toda esta comarca que desta forma eludiron unha morte case segura a mans dos rebeldes.

O Santa Eulalia e mailo Santa Rosa arribaron o porto de Bilbao dous días despois da súa fuxida.

 

 

Poño os nomes e mailas traxectorias de algúns dos fuxidos nos vapores.

 

 

............................

 

FANDIÑO RICART, Alfonso

(Santiago de Compostela, A Coruña, ?) Irmán do anarcosindicalista Manuel Fandiño, era pintor de profesión e Secreatrio da Federación Local da CNT de Santiago. Foxe nun bou que partiu de Muros cara Francia e de alí retornou á zona leal para ser un dos animadores da Federación de Agrupación de Gallegos Libertarios radicada en Valencia. Despois vive a posguerra na Coruña.

Profesións: Pintor / Sindicalista

Países: Francia

Organizacións ás que pertenceu:

CNT CONFEDERACIÓN NACIONAL DEL TRABAJO

FEDERACIÓN DE AGRUPACIÓN DE GALLEGOS LIBERTARIOS

…………………

IGLESIAS SISO, Severino

(Noia, A Coruña, ? - Noia, 14/11/1977) Alcalde de Izquierda Republicana de Noia que foxe dende Muros cara a Bilbao o 26 de xullo de 1936 formando parte da fuxida dos bous "Santa Eulalia" e "Santa Rosa". Dende Bilbao vai para Barcelona, cidade na que colabora, como secretario administrativo, coa agrupación Solidaridade Galega Antifeixista. De alí vai a Francia cun pasaporte especial para dirixirse a París, onde continúa a axuda solidaria que lle viña prestando ós galegos. Dende a sede do Servicio de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) en París, organismo que contaba coas fichas dos que estaban nos campos de concentración, axuda entre outros a Vázquez Valiño que estaba no campo de concentración de Bram (Aude). Iglesias Siso exíliase na Arxentina e volve no ano

1962, xa viúvo da súa muller Delfina Pérez. Morre a fins do ano 1977.

Organizacións ás que pertenceu:

IR IZQUIERDA REPUBLICANA

SOLIDARIDADE GALEGA ANTIFEIXISTA

 

………………………..

MALVÁREZ BAAMONDE, Xoán

(Muros, A Coruña, ?) Fora presidente da Sociedade Sindical da súa vila. Fuxiu nos bous "Santa Eulalia" e "Santa Rosa" de Muros cara a Bilbao. Estivo nun campo de refuxio e despois partiu para ós Estados Unidos.

Países: Francia / Campos

 

…………………………..

 

MALVÁREZ PÉREZ, Xoán "Oiga"

(Muros, A Coruña, 1914) Zapateiro que fuxiu o 26 de xullo de 1936 nos bous "Santa Eulalia" e "Santa Rosa" cara a Bilbao. Despois exiliouse en Francia.

……………………….

RIVAS TUÑAS, Manuel "Cirolas"

(Noia, A Coruña, ?) Foxe o 26 de xullo dende Muros nos bous "Santa Eulalia"e "Santa Rosa"con destino a Bilbao. Depois pasou a Francia.

 

………………………..

 

TUBÍO ROMANÍ, Manuel "Maranqueiro"

(Creo, Esteiro, Muros, A Coruña, ? - Montevideo, 29/12/1966) Fogueiro que en xullo de 1936, con 37 anos, participa na fuxida organizada de Muros nos bous "Santa Eulalia" e "Santa Rosa". Despois de chegar a Bilbao consegue atravesa-los Pirineos nos últimos días da guerra. Estivo nun campo de refuxio francés e partíu para América con outros refuxiados. Despois de pasar por Valparaíso e Bos Aires establécese finalmente en Montevideo. Non puido reclamar a súa muller, Evanxelina Rodríguez Maio, pois el chegara a América cuns papeis falsos (a nome dun irmán que morrera nos Estados Unidos en 1922). Morreu no ano 1966, sendo enterrado no cemiterio de Barros Blanco, perto de Montevideo.

Profesión Fogueiro

 

…………………

 

VÁZQUEZ VALIÑO, Miguel

(Noia, A Coruña, 16/01/ 1910 - Montevideo, ?) Traballou de aprendíz de zapateiro ata os 18 anos. Marchou para Arxentina en 1928 escapando do servicio militar. Regresou a España no ano 1931voltando de novo para Arxentina no ano 1932 debido á situación de inestabilidade que el percibía en Galicia. Tres anos despois decide novamente voltar a España onde pasa a ser concelleiro de Izquierda Republicana na súa vila. Tralo alzamento militar decide fuxir dende Muros nos bous "Santa Eulalia" e "Santa Rosa" cara a Bilbao; dende alí vai para Asturias onde axuda a formar a "Agrupación Confederada de Galicia" en Xixón. Despois, e a bordo dun barco inglés, chega a Barcelona onde forma parte da "Agrupación Regional Galaica" e colabora cunha revista mensual que saía en Valencia. Alí trata de organizar a "Agrupación Confederal Galaica" e para iso mantivo contactos con Severino Iglesias Siso, Castelao, Suárez

Picallo, González López e Longueira. Alí foi tamén secretario da organización do comité nacional da CNT. En Port La Selva coñece a Dora Luelmo, madrileña filla dun técnico de telefónica. Logo ten que fuxir cara Francia onde estivo no campo de concentración de Brams (Aude). Cando sae do campo decide formar parte dun grupo de resistencia contra Franco que tiña previsto atentar contra o dictador en Donosti. Despois chega a Toulouse e dende alí sae para Marsella onde embarca no ano 1950 para Brasil, tomando parte dunha expedición organizada polo goberno brasileño para colonizar Río Grande do Sur. Alí organizou unha agrupación española e unha cooperativa da construcción con outros albaneis. En febreiro de 1955 marcha coa súa familia clandestinamente para Uruguai, instalándose en Montevideo. En 1956 foi secretario de cultura da "Casa de Galicia" e formou parte do "Centro Coruñés" do que foi socio fundador e presidente.Tamén foi director dunha publicación tamaño tabloide chamada "Finisterre". Como xornalista colaborou

asiduamente no "Diario Español" ata 1958, ano no que pasa a ser vocal da "Casa de Galicia". En Uruguai organizou a Irmandade Galeguista onde sacaron á rúa "O Irmandiño". Entre as súas actividades tamén formou parte da Comisión de Cultura da "Casa de Galicia".

Profesións: Xornalista / Sindicalista / Zapateiro

Países: Brasil / Francia / Uruguai

Organizacións ás que pertenceu:

CNT CONFEDERACIÓN NACIONAL DEL TRABAJO

 

………………………………….

 

 

VELOSO, Rogelio "Bocagrande"

(Noia, A Coruña, ? - Chile, ?) Fuxiu xunto con outros veciños a noite do 26 de xullo de 1936 dende Muros e cara a Bilbao nos bous "Santa Eulalia" e "Santa Rosa". Posteriormente exiliouse en Chile onde morreu.)

Países: Chile

 

……………………………………………..