O petroleiro Bonifaz da Naviera Castilla

´

Os patróns de pesca do arrastre necesitamos coñecer todos e cada un dos obxectos, pedras e cascos asolagados que hai no fondo da plataforma continental onde traballamos para non prender as nosas redes neles estragando de esa maneira o día de pesca e causando grandes avirías nas artes.

A miña grande curiosidade polo tema dos naufraxios ven dada pola circunstancia de que centos de cascos asolagados son de procedencia , nome e circunstancias descoñecidas para os profesionais da pesca, sendo nomeados por nos de mil diferentes maneiras para localizalos. Eso ben dado polo afastamento no tempo deses naufraxios dos que tan so quedan os seus restos como testemuña da súa traxedia.

´

De outros moitos naufraxios coñécense os seus nomes e as súas circunstancias , as mais das veces moi tráxicas.

Un destes cascos e o do petroleiro BONIFAZ da compañía española Castilla , de triste lembranza na vila de Muros.

O Bonifaz que prestaba servicio para a CAMPSA no momento da súa traxedia , zarpou do porto da Coruña cara a Cartaxena o día 2 de Xullo do ano 1964 despois de ter descargado para a refinería da cidade 19.000 toneladas de cru.´

Ian abordo del nese viaxe 47 tripulantes e mais 7 mulleres donas de varios deles que os ían acompañar nesa travesía. O pouco saír da ría da Coruña e antes de chegasr a altura das illas Sisargas a néboa fíxose espesa dificultando a visibilidade e polo tanto a navegación.´

O capitán do Bonifaz , José Amezaga, ordenou reducir maquina e reforzar a garda con vixías nos aleróns da ponte de mando.´

Navegaban con nesas nulas condicións de visibilidade nunha costa que soportaba un dos maiores tráficos marítimos de mercadorías do mundo ; Un trafico que non estaba regulado de ningunha maneira e no que unha gran maioría de buques navegaban aínda sen radar , tan so confiando en que fosen escoitadas as sinais das súas buguinas de néboa polos outros buques que se cruzases na súa derrota.´

No caso do Bonifaz non serviron de nada as precaucións tomadas, as 10 da noite do día 3 de xullo era abordado polo tamén petroleiro francés Fabiola a nove millas ó oeste de Cabo Fisterra.´

En tan so media hora despois do abordaxe e dunha forte explosión desapareceu o buque tragado polas augas deixando un balanzo tráxico de 20 desaparecidos e cinco falecidos na traxedia tan so hubo 29 superviventes.

.................

Entre os tripulantes desaparecidos había catro veciños da vila de Muros :

..................

Juan José Garcia Malvarez de 63 anos que ocupaba o cargo de Mozo.

´

Jesús Malvarez Fernández de 48 anos , caldereteiro

´

Antonio Tajes Tajes de 43 anos . fogueiro

,

Jesús Fernández Tajes de 26 anos , limpiador

.....................

Un dos superviventes do naufraxio foi o capitán Amezaga o cal fixo estas declaracións ante as autoridades logo de ser desembarcado no porto de Vigo

“El buque fue embestido por la popa en el costado de babor, en medio de la niebla por el petrolero galo Fabiola que tenia el doble de tamaño que el Bonifaz y tras declararse un fuego a bordo, xusto en la zona de colisión, el barco se fue a pique en menos de media hora.

Los tripulantes desaparecidos eran justo los que estaban alojados en el costado que sufrió el impacto del abordaje y posterior incendio, para abandonar el barco que se hundía ordené arriar dos botes salvavidas en los que embarcaron los tripulantes que en eses momentos se encontraban en cubierta, mientras un marinero y mas yo permanecimos a bordo hasta que las aguas llegaron al puente , momento en que nos lanzamos al mar donde estuvimos nadando durante una hora hasta que un bote auxiliar del buque holandés Setas nos recogió”

……………

Algunha vez teño estado cas miñas redes enganchado nos restos do Bonifaz , cousa que agora mesmo antolláseme case un pecado por crer ter perturbado o eterno descanso dos seus desaparecidos.


´

FICHA TECNICA
ARMADOR :............................... Naviera de Castilla
TIPO :............................................ Petrolero
ESLORA :.................................. 170,67 Metros
MANGA :..................................... 21,64 Metros
PUNTAL :..................................... 11,90 Metros
TONELADAS P.M. :....................... 19.420 TM
PUESTA QUILLA :..........................17/02/1957
BOTADURA :.................................27/09/1957
ENTREGA :.................................... 2/02/1959

´

Para saber mais:

Naviera castilla