Un paseo por Muros é unha constante invitación ao estudo, ao comentario ou, simplemente, á admiración dos seus monumentos, das perspectivas de súas rúas ou á evocación dos fastos notables da súa historia.

Pasear por Muros é embarcarse nunha nave do tempo que nos levará directamente o medievo . Arcos góticos que forman soportais a onde chegaban as areas das praias e onde gorecían as lanchas os mariñeiros do barrio extramuros da Axesta cando o nordés baixaba a rolos polo monte de Cruz de Pelos ovellando o mar en toda a fachada da vila.

.

Camiñando por entre as estreitas calexas do noso pobo, as pedras das fachadas das casas cóntannos “historias” da súa historia , dos seus antigos moradores e algunhas tamén dos seus avoengos.

Fachadas brasonadas cos escudos das armas, falan dos apelidos dos seus antigos donos. Caamaño , Romay, Vecerra , Sotomaior son varios que se repiten nos escudos de armas das casas muradáns . Tampouco faltan as referencias a coroa de Castela e a mitra compostelán , entidades ambas que foron outrora señores da Vila.

.

Estes son algúns deles.

.

.

Escudo da casa da Rua Gijon contigua a antiga taberna de Domitila.

Este blason foi conservado da antiga fachada de esta casa logo da sua remodelacion nos anos 60.

´

´

Na casa de "Maria de Silda" Na rua Florida

´

´

Brason na casa da viuva de Lino Garcia na Rua Dos Fornos

´

´

Estes dous escudos atopanse na mesma fachada na casa de "Menegildo" na Rua Dos Fornos.

Actualmente estase restaurando a vivenda.

´

´

Escudo que coroa a porta de entrada a capilla do Carme

,

´

´

No Curro da Praza encima do bazar chinés.

Rescatado da antiga fachada e colocado no antepeito do balconciño que coroa a vivenda.

´

´

Na fachada da casa de "Pepitiña das Lanas" no Curro da Praza

Nesta fachada tamen se atopa unha estrela de David , o que nos fai pensar que en tempos foi propiedade de algun xudeo.

´

´

Escudo na fachada restaurada da vivenda de "pepe Beiro"