A pedra do Carrumeiro

...

As costas e os fondos mariños de Galicia son un enorme cemiterio de buques de todo porte clase e nacionalidade. Pero aínda o longo de toda a costa hai puntos especialmente fatídicos que se cobraron innumerables presas en forma de navios.

Un destes puntos é O Carrumeiro, unha rocha illada na entrada da ría de Corcubión , a que hoxe en día ten unha pequena luz sobre unha torreta de pedra.

Pero esta funesta rocha ten unha peculiaridade que a fai única, entre todos os naufraxios acontecidos nela tan so na primeira metade do século XX, 15 buques mercantes de nacionalidade Grega acabaron os seus días de navegación no Carromeiro e nos seus arredores!.

Non quero crer que armadores Gregos tan afamados por aqueles anos como Aristoteles Onassis ou Stavros Niarchos, fixeron parte das súas enormes fortunas a costa e grazas a pedra do Carrumeiro.

...........

Estes son algúns dos nomes mas coñecidos dos buques gregos que remataron as súas singraduras na entrada da ría de Corcubión

....

LANGFORD perdido no Carrumeiro no ano 1907

...

POLYMNIA afundido logo de embicar no Carrumeiro no ano 1904

...

MANOUSSIS afundido nos arredores do Carrumeiro en 1920

...

CONSTANTINO PATERAS perdido no mesmo lugar no ano 1922

...

MARIAS KASTANOU asolagado nos arredores do Carrumeiro no ano 1930

...

MOUNT PARNAS asolagado no ano 1935 logo de bater na nefasta pedra do Carrumeiro

...

...

Así continua o listado de buques gregos hasta facer un total de 15 . Da que pensar o feito de tantos naufraxios da mesma nacionalidade e no mesmo lugar.

..

En case ningún deles houbo que lamentar perdas humanas pois case todos ocorrían en días de mar chan...