

1. Obxectivo
A divulgación da Cultura Marítima e do patrimonio material e inmaterial marítimo que nos teñen legado as comunidades mariñeiras así como o mar como medio natural, é a motivación que nos move, como administradores de blogues de temática marítima, a promover o Sorteo Cultura Mariñeira da Amizade Luso-Galega. Temos como principal obxectivo transmitir que un aspecto destacado da cultura mariñeira é a amizade entre os pobos, o respeto e o coñecimento mutuos a través do mar e, em particular, dos pobos galego e portugués.
2. Libros a sortear
2.1. Sorteamos os seguintes libros en galego:
- «O Patrimonio Marítimo de Galicia», de Dionisio Pereira. Editora FGCMF Oferta da Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
- «Lanchas e Dornas», de Staffan Mörling. Editora Xunta de Galicia. Oferta da Libraría Sisargas
- «A Odisea», de Homero. Editora Toxosoutos. Oferta da Libraría Sisargas.
- «O bote polbeiro de Bueu», de Fidel Simes . Editora Xunta de Galicia. Oferta do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito.
2.2. Sorteamos os seguintes libros en portugués:
- «Cais e Navios de Lisboa», de Luís Miguel Correia. Oferta do Autor. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
- «História do Batel Vae com Deus», de Raúl Brandão, Editora Edieum. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
- «A noite abre meus olhos», de José Tolentino Mendonça, Editora Orfeu. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
- «A Campanha do Argus, de Alain Villiers. Oferta de Mar Adentro Ventosga.
3. Participantes
Integran o sorteo os administradores de blogues escritos em calquera das línguas oficiais dos pobos da Península Ibérica, que participen realizando comentarios nos blogues promotores. O dereito a un boleto para o sorteo adquírese pola participación en cada un dos blogues promotores, ata un máximo permitido de seis boletos. Aos agraciados seranlles remitidos os libros ao enderezo postal que indiquen. O espazo xeográfico no que se desenvolve a iniciativa é a Península Ibérica, sen prexuizo de valorarmos a posibilidade de ampliar o ámbito territorial do sorteo en función das solicitudes recibidas e do eventual aumento dos gastos de envio que esto implique.
4. Período de participación
O período de obtención de boletos de participación decorre desde a publicación do presente Regulamento en cada blogue promotor ata o 31 de Decembro de 2007 (inclusive), realizándose o sorteo na segunda semana de 2008 no local das librarías promotoras a través do sistema da «man inocente», garantizando os responsables da libraría e dos blogues promotores a correcta realización do mesmo.
5. Libros en Língua Portuguesa
Sortearanse os libros en Língua Portuguesa entre os blogueiros que teñan participado nos blogues galegos en: Libraría Luso-Galáica «Orfeu», de Joaquim Pinto da Silva, en Bruxelas. Rue du Taciturne, 43 Willem de Zwijgerstraat Bruxelles/Brussels 1000 Belgique/België. Tfno: +32(0)27350077. Bitácora: http://www.orfeu.net
6. Libros en Língua Galega
Sortearanse os libros en Língua Galega entre os blogueiros que teñan participado nos blogues portugueses na: Libraría Sisargas, de Roberto Castro, en Rúa Curros Enriquez, 9
7. Blogueiros promotores:
Sailor Girl, do Blogue «Atlântico Azul»
Luis Miguel Correia, do «Blogue dos Navios e do Mar»
João Veiga, do Blogue «Mar Adentro-Ventosga»
O Fartura, do Blogue «Singradura da Relinga»
Manuel, do Blogue «Homes de Pedra en Barcos de Pau»
Lino, do Blogue «Amigos da Dorna Meca».
8. Blogueiros adheridos:
Adquiren o estatuto de blogueiro adherido ao Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa todos aqueles que nos seus blogues publiquen unha entrada co presente Regulamento e inclúan as ligazóns dos blogues promotores nas súas recomendacións, comunicándollo a Sailor Girl e a O’Fartura, o que lles confire o dereito á obtención de sete boletos suplementarios de participación no Sorteo.
Amigas e amigos, ata o 31 de decembro do 2007 administrar un blog e navegar participando activamente nos blogs promotores do Sorteo CM da Amizade Luso-Galega da dereito a premios!....Sen máis recibe un abrazo mariñeiro.
Anímate a participar e sorte!!!...

REGULAMENTO DO SORTEIO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA
1. Objectivo
A divulgação da Cultura Marítima e do património material e imaterial marítimo que nos têm legado as comunidades marinheiras assim como o mar como meio natural, é a motivação que nos move, como administradores de páginas electrónicas de temática marítima, a promover o Sorteio Cultura Marinheira da Amizade Luso-Galega. Temos como principal objectivo transmitir que um aspecto destacado da cultura marinheira é a amizade entre os povos, o respeito e o conhecimento mútuos através do mar e, em particular, dos povos galego e português.
2. Livros a sortear
2.1. Sorteamos os seguintes livros em galego:
- «O Patrimonio Marítimo de Galicia», de Dionisio Pereira. Editora FGCMF Oferta da Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Exemplar com dedicatória e assinatura do autor.
- «Lanchas e Dornas», de Staffan Mörling. Editora Xunta de Galicia. Oferta da Libraría Sisargas.
- «A Odisea», de Homero. Editora Toxosoutos. Oferta da Libraría Sisargas.
- «O bote polbeiro de Bueu», de Fidel Simes . Editora Xunta de Galicia. Oferta do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito.
2.2. Sorteamos os seguintes livros em português:
- «Cais e Navios de Lisboa», de Luís Miguel Correia. Oferta do Autor. Exemplar com dedicatória e assinatura do autor.
- «História do Batel Vae com Deus», de Raúl Brandão, Editora Edieum. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
- «A noite abre meus olhos», de José Tolentino Mendonça, Editora Orfeu. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
- «A Campanha do Argus, de Alain Villiers. Oferta de Mar Adentro Ventosga.
3. Participantes
Integram o sorteio os administradores de páginas electrónicas escritas em qualquer das línguas oficiais dos povos da Península Ibérica, que participem realizando comentários nos blogues promotores. O direito a um boletim para o sorteio adquire-se pela participação em cada um dos blogues promotores, até a um máximo permitido de seis boletins. Aos agraciados ser-lhes-ão remetidos os livros para o endereço postal que indicarem. O espaço geográfico em que se desenvolve a iniciativa é a Península Ibérica, sem prejuízo de valorarmos a possibilidade de ampliar o âmbito territorial do sorteio em função dos pedidos recebidos e do eventual aumento dos gastos de envio que tal implique.
4. Período de participação
O período de obtenção de boletins de participação decorre desde a publicação do presente Regulamento em cada blogue promotor até 31 de Dezembro de 2007 (inclusive), realizando-se o sorteio na segunda semana de 2008 no local das livrarias promotoras através do sistema da «mão inocente», garantindo os responsáveis da libraria e dos blogues promotores a correcta realização do mesmo.
5. Livros
Os livros
6. Livros
Os livros
7. Bloguistas promotores:
Sailor Girl, do blogue «Atlântico Azul»
Luis Miguel Correia, do «Blogue dos Navios e do Mar»
João Veiga, do blogue «Mar Adentro-Ventosga»
O Fartura, do blogue «Singradura da Relinga»
Manuel, do blogue «Homes de Pedra en Barcos de Pau»
Lino, do blogue «Amigos da Dorna Meca».
8. Bloguistas apoiantes:
Adquirem o estatuto de bloguista apoiante do Sorteio CM da Amizade Galego-Portuguesa todos aqueles que nas suas páginas electrónicas publiquem uma entrada com o presente Regulamento e incluam as ligações dos blogues promotores nas suas recomendações, comunicando-o a Sailor Girl e a O’Fartura, o que lhes confere o direito à obtenção de sete boletins suplementares de participação no Sorteio.
Amigas e amigos, até 31 de Dezembro do 2007, administrar um blogue e navegar participando activamente nos blogues promotores do Sorteio CM da Amizade Luso-Galega dá direito a prémios!... Sem mais, recebe um abraço marinheiro. Participa e boa sorte!!!...
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós
11 comentarios
Lino
7 nov 2007 | 09:34 PM
Xa imos case todos cos deberes feitos, haberá un boleto para min non?
Saúde:
Lino
O_Fartura
7 nov 2007 | 10:10 PM
Ola Manuel.
O Sorteo segue avanzando e eu conseguindo boletos.
Dasme un boleto de Homes de Pedra en Barcos de Pau para a Singradura da Relinga?
Unha aperta.
homesdepedraenbarcosdepau
7 nov 2007 | 10:31 PM
Lino
Queda vostede agregado con un boleto para o SORTEO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA polo seu comentario nesta bitácora.
Apertas
homesdepedraenbarcosdepau
7 nov 2007 | 10:32 PM
O_Fartura
Queda vostede agregado con un boleto para o SORTEO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA polo seu comentario nesta bitácora.
Apertas
torredebabel
8 nov 2007 | 01:16 AM
pero qué idea tan tan tan boa!!!!!
ás veces, semella que a rede remata na súa propia existencia. Que non hai pontes que fagan que estes ordenadores e aparellos deixen pegada na vida real das xentes. Pois esta é a proba que, de cando en vez, ideas pode que sinxelas e sobre todo inxeniosas poden tender esas pontes. Noraboa a todos!
homesdepedraenbarcosdepau
10 nov 2007 | 12:22 AM
É unha boa idea que o redor da cultura mariñeira se artelle unha rede virtual de amizade.
Que o mar e o océano que en tempos foron espazos infranqueables
, sirvan agora de unión para galegos , portugueses e tamén arxentinos, pois son augas dun mesmo mar que bican esas tres ribeiras.
Por certo , queda vostede co seu comentario agregada a lista de participantes que optan o sorteo dos libros con un boleto. SORTE
Apertas salgadas
Hugo
15 nov 2007 | 01:39 PM
Ola, vin o do Sorteo e pareceume unha boa idea, así que aproveitei para comezar a facer este blog … xa veremos como vai indo!
Eis o enderezo: http://orzalleai.wordpress.com/
homesdepedraenbarcosdepau
17 nov 2007 | 09:16 AM
Hugo
Benvido a pequena comunidade de bitacoras da CM , E unha ledicia para todos nos recibirte .
Animo co blog que se atisba nel unha gran calidade.
Apertas
homesdepedraenbarcosdepau
17 nov 2007 | 09:17 AM
Hugo
Non me acordaba.
quedas anotado un boleto polo teu comentario para o sorteo da CM para a amizade Luso-galaica.
Andrea
25 nov 2007 | 03:07 AM
Veño a polo meu boleto, Manuel :-))))
Bicos, Andrea
homesdepedraenbarcosdepau
25 nov 2007 | 07:57 AM
Andrea
Xa estas no listado de participantes do Sorteo , por teres comentado no blog. SORTE!!!
Apertas
Escribe un comentario