La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo mar

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

10, nov

O Ferrolano

homesdepedraenbarcosdepau En: Naufraxios

Madrugada do día 11 de febreiro do ano 1974:

A tranquilidade dos dormitorios no internado da escola náutica de Vigo e alterada por un balbordo que corre de habitación en habitación.

- Un barco esta indo a pique por fora dos peiraos!

Esperto e escoito entre os alaridos que produce o vento nas fiestras, unha buguina que pide desesperadamente auxilio na noite.

Érgome sobre o meu catre e a través da fiestra que mira o mar podo ver entre a choiva como unhas luminarias de cor vermella tratan de aloumiñar a noite , pero os poucos segundos esvaecese a súa luz entre a auga e o vento.

Os poucos coches que pasan a esa hora pola avenida de Orillamar poñen as súas luces cara a el tratando de rachar as tebras ca súa claridade.

Un conserxe co seu uniforme gris sae correndo a beira do mar cun aro salvavidas na man, o mesmo aro que colga o pe do mastro que hai no patio da escola e que ten escrito nel con letras góticas o nome do almirante co que foi bautizada a náutica de Vigo , Nieto Antunez! , pero chega a ribeira e tan so pode certificar a inutilidade do seu acto.

O vello bedel , que fora mariñeiro de mozo e agora retirado, sabe ben o que e naufragar , pois el xa o fixo en dúas ocasións, e quedase aló baixo a choiva co aro entre as súas mans e ca anguria de non poder facer nada, na súa alma.

A buguina queda afónica por momentos, sen vapor que faga vibrar a súa gorxa de metal e vaise quedando muda os poucos hasta morrer.

Eu sigo a mirar dende o refuxio que me da o meu catre a traxedia, como se fose un sono. As veces penso si estarei de verdade esperto...

...

Pola maña soubemos que o pequeno remolcador “Ferrolano” , que ía cambiar o seu atracadoiro en busca de mellor resgardo, non puido coas ondas o saír da dársena do Berbés , e apesares de que o “Campalans” e outros barcos saíron no seu auxilio, a pesares das luminarias , dos faros dos coches e do pobre bedel e mailo seu aro, nada se puido facer para salvar a vida dos seus catro tripulantes que a perderon a escasos cen metros da fiestra que me resgardaba a min e os demais alumnos do vento e da choiva.

Eu cos meus recen cumpridos quince anos, na escola de náutica de Vigo, estaba aprendendo a darme de conta do que era o mar...

10 comentarios

Jose Dominguez Dominguez

10 nov 2007 | 06:17 PM

Avatar

Manuel, amigo,

Si duro resulta ser enterarse de un naufrágio, terrible debe ser asistir impotente a la presencia de uno, y más en donde se produjo, a escasos metros de los muelles.

Preciosa y significativa la fotografía que muestras.

Un abrazo, y buen fin de semana.

homesdepedraenbarcosdepau

10 nov 2007 | 07:35 PM

Avatar

Aquella lejana madrugada asistí como espectador a la tragedia en medio del temporal y vi por primera vez la tremenda furia del mar cuando se tercia, capaz de engullir un barco entre sus olas aunque fuese a pocos metros de la ribera.
Con el tiempo fui yo quien sufrió los temporales y hasta tuve mi particular naufragio.

Tu comentario te da derecho José, a un boleto para el sorteo da CULTURA MARIÑEIRA PARA A AMIZADE GALEGO-LUSA. Cada comentario en una de las seis bitácoras patrocinadoras te dará derecho a un nuevo boleto hasta un máximo de seis.
Si quieres convertirte en blog colaborador y tener derecho a siete boletos mas para el sorteo, tienes que publicar las bases del sorteo en tu blog.

Anímate José y suerte
Apertas

Jose Dominguez Dominguez

10 nov 2007 | 08:24 PM

Avatar

Manuel,

Cierto, amigo, la mar puede pasar de amigo de juegos y de ocio a ser un peligrosísimo enemigo. Afortunadamente no es mi caso aunque, como ya te comenté, cogí a unos tripulantes que naufragaban por una vía de agua en el Canal de Mozambique en el ya lejano año de 1.977.

Gracias por el boleto.

Por mi condición de ex-marino, amante de tu tierra y haber recorrido de norte a sur el país hermano no puedo dejar de colaborar en lo que solicitas. Tan pronto como me entere de cómo hacerlo, lo incluiré en mi blog.

Un fuerte abrazo.

Jose Dominguez Dominguez

10 nov 2007 | 08:45 PM

Avatar

Amigo,

He abierto un post en mi blog con las bases del sorteo. Pásate por él y me dices si es correcto.

Abrazos.

Luis Miguel Correia

11 nov 2007 | 01:50 AM

Avatar

Viva! Eu escribo para obter un boleto de participación no Sorteo outorgado polos Homes de Pedra en Barcos de pau!!!

Luis Miguel Correia

Xocas

11 nov 2007 | 10:48 AM

Avatar

Asombra que se poida naufragar, e morrer, a metros da costa. É algo que non pensas. O naufraxio da Madalegna e o Palomo en Viveiro foi nos Castelos, que para os que non o coñezan están na praia. E foi o peor naufraxio rexistrado na flota española (creo).

Falando dos boletos, Manuel, eu non vou participar, non teño blog. O blog non é meu. :-)

Saudos

Xocas

homesdepedraenbarcosdepau

11 nov 2007 | 11:40 AM

Avatar

José Dominguez
Gracias por haber colocado las bases del sorteo en tu bitacora, ello aparte de convertite en bloguer colaborador, te concede siete boletos a mayores para el sorteo.

Apertas

homesdepedraenbarcosdepau

11 nov 2007 | 11:46 AM

Avatar

Luis Miguel Correia
Queda vostede anotado con un boleto para o SORTEO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA polo seu comentario nesta bitácora.
Apertas

homesdepedraenbarcosdepau

11 nov 2007 | 11:53 AM

Avatar

Xocas

Xa teño falado aqui tamen do triste suceso do Magdalena e do Palomo na ria de Viveiro.
A traxedia acontecida O Ferrolano aquela madrugada do ano 74 creo que de algunha maneira me marcou. Eu ainda era apenas un neno, e comezaba a tomar contacto que que ia ser e é a miña profesion , un contacto traumatico en forma de asulagamento.
Quiza por todo eso veña o meu interes polo naufraxios.

Con referencia o sorteo de CM, quiza este sexa un bo momento para que crees o teu blog personal.

Apertas

isa

11 nov 2007 | 08:49 PM

Avatar

eu tamen queria entrar no sorteo
BICOS

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM