Este martes entramos co barco en Muxía para descargar o peixe. Cando estábamos atracando o peirao un cámara de una televisión de ámbito estatal , filmaba a nosa chegada. Picado eu na curiosidade inquirinlle o por qué nos estaba a grabar e díxome que era o 5º aniversario do Prestige, e que estaba en Muxía tomando vistas para facer unha reportaxe conmemorativa, (xa me temía eu que o da cámara non era por nos!). Eu non obstante puxen cara de patrón avezado , para en caso de saír na televisión quedase retratado como un lobo de mar en toda regra. , Logo de descargar a pesca, e como iamos a pasar unhas horas antes de volver a saír para o mar, aseeime un pouco , quitei a roupa de faena e fun a dar un paseo pola vila muxiá. Xa era noite , e o nordés traia fríos refachos de vento que erguían remuíños de po pola rúas. Arroupado por un rexo gabán percorrín o paseo que vai pola parte da vila que da cara a ría hasta chegar as aforas do pobo , lugar onde os farois que alumeaban o paseo con esa fea luz laranxa deixaron de existir, nese punto din volta sobre os meus pasos e retornei a vila pero agora fíxeno pola beira rúa que vai o carón dos edificios, para distraerme ollando os escaparates dos comercios. Case chegando xa de novo o peirao pasei preto nunha escultura de pedra que lembra o poeta muxiá Lopez Abente , e viñeronme a memoria os seus versos dedicados o mar, mais concretamente o escintileo das ondas do mar de Muxía,
´´
Anceios meus de lles roubare aos mares Ladrón, a vixiar nas penedías, No brancore dos seixos dos coídos, Estes versos fixéronme compaña o resto do meu paseo. A pesar do frío nordés e da noite pechada , decidín continuar o meu camiño póla estrada que vai cara o santuario da Virxe da Barca , que está no remate da punta homónima, o abeiro de unha pequena loma e a poucos metros do mar. Polo camiño pasei por encima dos secadoiros de congro , creo que son os últimos que quedan en Galicia, onde os peixes despois de abertos e furados , pendúranse dos madeiros para así perderen polo efecto do sol e do vento toda a súa humidade. , O Chegar o santuario senteime no peitoril da estrada que mira cara o mar e dediquei uns minutos a recordar que naquelas pedras perderon a vida moitos mariñeiros , entre eles os cinco compañeiros e veciños muradáns do arrastreiro Laxana que na noite o día 11 de abril do ano 1991 embicou coa súa proa nas pedras da Barca , esnaquizándose o seu casco de madeira en poucos minutos e quedando tan so a ponte e o gardacalores que eran de ferro sobre as rochas e como testemuña da traxedia alí acontecida. Outros barcos que tamén acabaron a súa vida na segunda metade do pasado século naquelas rochas foron o pequeno mercante Mina Sorriego no ano 1954, o tamén pesqueiro José Antonio Lasa no ano 1966, o arrastreiro Naldamar perdido no ano 1981, e o tamén arrastreiro larra no ano 1994. , Un refacho de nordés sacoume do meu ensimesmamento e tráxome de novo a realidade, ollei o meu reloxo e decateime de que pasara case unha hora sentado alí , no medio da noite e da soidade, e volvín pouco a pouco pola estrada cara o peirao para o barco , que tiña que durmir unha hora antes de saír de novo para o mar.
no escuro seo dunha noite en calma;
labarada de anceios e da arelas
a arder na seca gándara da ialma.
rondas de escuma, pérolas nacradas,
rebrilos de ronseles estelares
nos albos colos das mariñas fadas.
nas pardas lombas dos adustos cabos,
no fervente balbor das ardentías,
nas mouras furnas, nos rochedos bravos.
no morno abrigo das arnelas fondas...
só puiden apañar estes louridos
centileos nas ondas.
14 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
Pois si que deches un bonito paseo, e ca boa descripcion que fixeches foi como se eu tamen dese ese paseo, case sinto ese nordés na miña cara!
BIQUIÑOS E BOA FIN DE SEMANA!
Manuel,
Lo mejor de tu relato, la posibilidad que me permites al leerlo de acercarme hasta tí, la bella descripción que haces de tu tierra y, el relato mismo. Lo peor, amigo, la triste desventura que ha reservado Dios para una tierra tan hermosa y para unos hombres tan sufridos que, de tarde en tarde y por una causa u otra, tienen que vestirse de luto.
Afortunadamente, la vitalidad de sus gentes siempre es un canto a la esperanza y, por ello, el sonido de las gaitas tan pronto se hace lamento como exaltación viva de la alegría.
Pasa, amigo buen fin de semana y, como siempre, ten buena mar.
Un fuerte abrazo.
Eu estiven en Muxía este inverno pasado de excursión coa miña cuñada e a súa parella que é de Aragón. Tamén estivemos no Santurario da Virxe da Barca.
E tamén tiven un pensamento triste e airado, aínda que férveme máis o sangue que a tristura que tamén sinto.
Na máquina do Luxana ían dous amigos meus de Esteiro. Martín que faleceu tiña os mesmos anos que min e fóramos xuntos a escola, cada vez que recordo a desolación da súa nai, perdoa que o diga, maldigo o mar e a nación que o pareu.
O outro amigo meu é Mariano que foi o primeiro que logrou saír do mar e lle indicou o camiño aos outros compañeiros que sobreviviron.
Poderías dicir que Mariano é un auténtico heroe por salvarse el mesmo e axudar a que se salvasen outros compañeiros mais el non o ve asi.
Nunca fala do naufraxio pero a min un día contoumo e do que máis se acorda é de que estando na ponte con outro compañeiro o mar levoullo das mans e de Martín co que quedou na cuberta, nunca máis o volveu a ver.
E falando da prensa, sobre este asunto, como Mariano era un heroe a prensa andaba detrás del. Estabamos o grupo de amigos no peirao de Esteiro e Mariano entre nós, o xornalista achegousenos e preguntounos por Mariano.
Todos nós de forma moi convincente dixémoslle que se quería falar con el tiña que ir a Noia.
Xa me entendes.
Unha aperta.
Sempre que entro en algun porto que non sexa Muros , e dispoña de algo de tempo, empregoo en pasear. Aparte de axudarme a manter a liña é un momento no que podes liberarte un pouco do ambiente do traballo e reflexionar sobre outras cousas.
Bicos Oli , e moi boas vacacions.
José
Cada punta, cada bahía de la costa de Galicia guarda historias tristes de náufragos.
Por toda la costa gallega abundan las cruces que fueron erigidas para señalar el lugar donde remataron sus singladuras muchos marinos.
En Muxia no solo hay una cruz, sino que todo un santuario se erige sobre las rocas mismas de la costa, tanto es así que los días de fuerte temporal los rociones llegan a mojar las paredes de piedra de la ermita.
Lugar estratégico donde se unen y funden varias tradiciones y creencias. Lo esotérico y pagano en la “Pedra de Abalar y A Pedra dos Cadrís” Dos moles graníticas a los pies del santuario y a escasos metros de la mar, a los que la gente da propiedades mágicas . Pasar bajo la “Pedra dos Cadrís” asegura una curación de los males que afectan a la región lumbar.
El fervor Cristiano en el santuario mismo y la magia en las piedras que son utilizadas por curanderos y “menciñeiras” para realizar sus rituales de magia y de sanación.
Ya ves amigo José que pasear por cualquier “vila” de esta costa da para mucho.
O_Fartura
Mariano , pasado o tempo logo do naufraxio navegou comigo de motorista no Sidri Rober , creo que no ano 1996 ou 97 . logo marchou e non volvín a ter moitas novas del.
Nuñez , tamén de Esteiro que era no momento do naufraxio o patrón de costa e que tamén salvou a súa vida, estudara comigo na escola náutica aló polos anos 70 do pasado século.
E os cinco compañeiros que deixaron a súa vida o pe da Barca eran todos coñecidos por min por haber coincidido con algún embarcado e con outros de velos moitas veces polos peiraos de Muros.
Aproveito para poñer aquí os seus nomes xa que no fixen no post.
Martín Rama Lestón 20 anos, 2º motorista
Xosé Manuel Santiago Lago, 30 anos , contramestre
Antonio Ramos Fernández , 25 anos , mariñeiro
Manuel Lestón Romero , 24 anos , mariñeiro
Bruno Bermúdez Freire, 54 anos, mariñeiro
Os poucos días de acontecer o naufraxio , entrei co meu barco en Muxía e puiden ver os restos do Laxana os pes do santuario encima das rochas esnaquizado e xa enferruxado pola acción do mar.
E de salientar que os tripulantes que acadaron salvar a súas vidas ían dentro ou encima destes restos que o mar chimpou sobre as pedras , os que ían sobre a cuberta ou noutros lugares do barco , perderon todos a vida.
Apertas
este sítio é lindíssimo!!
já passeei várias vezes pela Galiza, quer de barco quer por estrada e não me lembro de Muxia... é em que zona da Galiza? vou ter que remediar a falta um destes dias!!
um abraço!
Garina do mar
Muxia é unha das duas vilas que hai na ria de Camariñas , na chamada Costa da Morte no oeste de Galicia.
Ten un pequeno porto pesqueiro , que nos utilizamos as veces para facer as nosas descargas. Pero Muxía e coñecida polo seu santuario mariano adicado a Virxe da Barca, que esta situado a pouco metros do mar nunha punto rochosa onde as ondas baten bravias os dias de temporal.
Tamen e coñecida Muxia por ser un dos lugares mais afectados polo vertido de hidrocarburos que fixo fai agora 5 anos o petroleiro PRESTIGE , de infausto recordo por estos lares.
deixoche unhas direccions de internet onde te podes informar
Apertas
Copy and paste
http://www.concellomuxia.com/ca/web/index.php
http://maps.google.com/maps?q=muxiA&rls=com.microsoft:es:IE-Searc...
obrigada Homesdepedraenbarcosdepau!
a esta zona só vim por terra! de barco só cheguei ao Fisterra e à ria de Corcubion... rondámos "O Centolo" e voltámos para baixo (o mar estava simpático)
mas lembro-me de Camariñas, de Malpica e depois de A Coruña e Ferrol...
terei que voltar
apertas
Garina do mar
Perdoa que antes me esquecese de anotarche con un boleto para o SORTEO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA polo teu comentario nesta bitácora. SORTE
Apertas
Hermoso lugar Muxía. Hermoso también el nuevo aspecto de tu blog. Apertas, Andrea
gracias manolo, pola descripcion tan bonita q fas do meu pobo.
Andrea.
Hablar de cualquiera de loa pueblos y villas costeñas de mi tierra es facil. La historia esta asegurada y los naufragios tambien.
PS. Con este comentario , Andrea, obtienes un boleto para el SORTEO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA.
puedes leer las bases aqui.
http://www.lacoctelera.com/homesdepedraenbarcosdepau/post/2007/11...
Apertas
Muxiana:
Falar da tua fermosa vila e facil , porque como todos os pobos e vilas da nosa costa, teñen un especial encanto que fai doado para calquera glosar as suas evidentes bondades.
Gracias polo teu comentario.
apertas.