A bitácora dos HOMES DE PEDRA EN BARCOS DE PAU está de cumpre anos. Fai por estas datas un ano que este mariñeiro que aquí escribe, decidiuse a comezar esta andaina dixital sen ter moi claro o que quería facer nin o que tentaba expresar.

Pouco a pouco foi xurdindo unha bitácora na que o mar e todo o que esta arredor del, e mais a miña benquerida Vila de Muros , foron ocupando os meus esforzos e mailos artigos destas paxinas.

Non serei eu que xulgue o resultado desta tarefa despois de un ano e de preto de 330 entradas, iso e traballo voso, dos que ledes as ocorrencias e as “tolemias” deste mariñeiro e que en moitas ocasión axudades cos vosos comentarios a artellar esta empresa.

Nun ano , que parece moi pouco tempo, pasaron moitas cousas nesta bitácora.

Escritores de libros sobre naufraxios como Juan Campos Calvo-Sotelo ( Naufragios de Antaño), e Manuel Rodriguez Aguilar (5 Grandes Naufragios de la Flota Española) interesáronse no seu dia por algún dos artigos desta bitácora sobre naufraxios, e pedíndome nalgún caso a miña modesta colaboración para aclarar algunha dubida sobre deles e das súas circunstancias, cousa que me fai sentir orgulloso.

Tamén Suso Xogaina , recoñecido fotografo e produtor literario, solicitoume permiso para incluír un dos artigos desta bitácora (O Larache (Outra desgraza na costa de Muros) como prologo dunha obra que esta a artellar en colaboración ca asociación cultural XIMIELA de Louro.

Outro acontecemento a subliñar , é a referencia feita dende a edición dixital do periódico galego LA VOZ DE GALICIA ,de este blog. Nos días que estibo a bitácora dos HOMES DE PEDRA no xornal, déronse picos de hasta 950 entradas diarias.

Outra das consecuencias positivas que me brindou o facer esta tarefa, foi ser invitado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, para participar no encontro de blogers de cultura mariñeira dentro do marco do VIII encontro de embarcacións tradicionais en Ferrol, o que me facilitou coñecer a xente tan interesante e implicada tamen nas cousas do mar como Xocas, webmaster da bitácora da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, a o meu veciño O_Fartura da Singradura da Relinga, e a Lino dos Amigos da Dorna Meca, ente outros.

Nestes últimos días estamos inmersos como co patrocinador e xunto a:

Sailor Girl, do blogue «Atlântico Azul»

Luis Miguel Correia, do «Blogue dos Navios e do Mar»

João Veiga, do blogue «Mar Adentro-Ventosga»

O Fartura, do blogue «Singradura da Relinga»

Lino, do blogue «Amigos da Dorna Meca».

Na tarefa do SORTEO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA.

No que rifamos libros entre os blogueiros que teñan aportado os seus comentarios en calquera das bitácoras colaboradoras do sorteo.

Celebramos este primeiro aniversario , cambiando a imaxe da bitácora e grazas a colaboración de Manuel Lozano de WWW.LEMBRA.ES que aporta desinteresadamente as magnificas fotografías que ilustraran a cabeceira da paxina, tentamos que o aspecto visual sexa un pouco mais agradable. Vos diredes se o temos acadado.

Apartado notable ten que ser o que faga para agradecer a todos os que len esta bitácora e que axudan a facela cos seus comentarios.

Torredebabel e mais Andea , dúas rapazas empeñadas en levar a contraria o mundo dende a súa especial óptica , capaces de facer que a neve inunde as rúas de Bos Aires no mais forte do noso verán boreal. Padron-dueñas , que ca súa poesía chea de arrecendos cubanos dende A Florida, fai que podamos soñar cas praias brancas caribeñas da perla cubana. José Dominguez, home de mundo onde os haxa , que sempre ten algunha historia que contar e algunha anécdota que relatar. Marta, que remexendo no pasado dos seus causantes , topará de seguro algo mais que as súas raíces, e deixará para os que veñan logo dela a súa e fermosa pequena historia. Oli que é o vento novo que da aire fresco cos seus agarimosos comentarios a esta bitácora. Raga , que ten sempre un comentario amable para nos. Guillermo, que dende a verde Erin , visitanos de vez en cando para acalmar a súa morriña...

E tantos outros que tamén aportan os seus comentarios de forma esporádica ou as veces anónima, GRAZAS POR ESTAREDES AHÍ.

Feliz cumpre anos a todos