O colectivo mariñeiro galego , o cal eu pertenzo: é un sector moi pouco reivindicativo. Pasamos a maior parte do noso tempo dedicados a nosas faenas, as cales déixannos escasas horas libres para nos mesmos , e as poucas que dispoñemos usámolas para descansar, logo de moitos días de un traballo as mais veces "penoso".

Non temos conciencia de grupo , somos individualistas por natureza e todo isto mesturado ca pouca formación cultural que había e que aínda hai entre a xente da pesca, ( é triste constatalo, pero e así), fixo que durante moitos anos, demasiados, a xente de terra mirase cara o mar e as súas xentes con indiferenza , por non calificalo de outra maneira mais crúa.

A pouco que te informes sobre os naufraxios acontecidos o longo do tempo nas nosas costas , vese que a vida da xente do mar posuía moi pouco valor ou ningún.

Traxedias nas que 15 ou 20 homes perdían as súas vidas abordo dun pesqueiro e que deixaban a calquera das nosas vilas costeiras ateigadas de orfos é viúvas , apenas tiñan reflexo nos medios de comunicación , dábase por feito que no “pecado” de andar sobre as ondas , ía incluída a penitencia da precariedade.

Teño remexido nas hemerotecas para buscas datos sobre naufraxios de pesqueiros acontecidos nas primeiras décadas do pasado século , e a información que se soe atopar e case nula e as mais das veces directamente é inexistente.

Cando una destas traxedias acontecía , as “forzas vivas” das grandes cidades costeiras (lease Coruña ou Vigo) facían festivais benéficos con banda de musica e desfiles de carrozas incluídos , nas que ían expostos os nenos orfos dos náufragos para tratar de mover as conciencias e mailos petos dos cidadáns a prol dos malpocados cativos. Creábanse sociedades de salvamento con cartos que viñan das administracións e que contaban por todo medio de rescate con un bote, (que podrecía varado o pouco tempo) e un aro salvavidas pendurado dalgún peitoril no peirao. Si había un pouco de sorte , mercábase tamén un canón lanzacabos o que case nunca era usado pois non había medios materiais para levalo hasta os lugares onde se producían os naufraxios.

Esta situación , salvo honrosas excepcións , mantívose hasta ben entrada a segunda metade do pasado século.

Non foi hasta o ano 1974 que se dotou permanentemente a estas costas con un helicóptero de rescate que tiña a súa base no aeroporto coruñés de Alvedro, a raíz do asolagamento do arrastreiro herculino “La Isla” onde faleceron 13 dos seus 14 tripulantes , e todo isto a menos de 200 metros da Torre de Hércules!

Hoxe en día os medios que posúe a nosa costa dedicados a procura e o rescate no mar, nada teñen que ver xa con aqueles anos. Homes moi entrenados e preparados pilotan e tripulan os medios que velan día e noite pola seguridade da xente do mar. Labor arriscada que as veces non ten o recoñecemento que merece por parte nosa, que somos os maiores beneficiarios da súa entrega.

Por iso, e pola parte que a min me toca ...GRACIAS POR ESTAREDES AHÍ.