La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

30, dic

O candil do Diaño

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas caixon desastre

A entrada que poño a continuación, escribina o ano pasado para poñer nesta mesma bitácora o dia dos inocentes do 2006.

Non é tan crible como o da botella viaxeira, pero pódovos xurar que é igual de certa.

Un dos sucesos mais asombrosos que podo lembrar na miña dilatada vida como mariñeiro, é o episodio “ do farol”.
Foi tan grande o desconcerto e a conmoción que xerou este suceso entre os meus tripulantes e un servidor mesmo , que decidimos de mutuo acordo, non contarllo a ninguén ao chegar a porto, pois temiamos ser tomados por ilusos ou simplemente por mentiráns.
Todo isto aconteceu un día de verán alá polo ano 90 do pasado século. Un día que o mar era chan como a superficie dun barril de aceite e nin unha lixeira brisa atenuaba o calor reinante.
Faenabamos ao Oeste de Cabo Vilán nas proximidades dun pecio de procedencia e nome descoñecido o que nos chamamos para diferencialo de outros o casco do Celta. Como estaba tan calma, decidín aproximarme mais do que sensatamente debe facerse coas redes ao casco , con tan mala fortuna que prendemos nel.
Logo de varias horas e múltiples esforzos, fomos capaces de desenganchar as redes do pecio , sen mais avaría que a rede rota e a conseguinte perda de tempo.
Non obstante ao baleirar o contido do saco na cuberta, a pesca resultante foi bastante boa, o que mitigou parte do tempo perdido. Preparamos outra rede e volvemos a largar os artes.
Logo, mentres os mariñeiros seleccionaban a pesca , ocorreu algo inaudito , do que aínda hoxe en día despois de tantos anos resístome a crer o que viron os meus ollos. Porque non o dubidedes nin un solo intre, iso e soamente iso, foi o que viron estes olliños, os que vermes algún día han de comer.
Un obxecto estraño de metal , que en un principio asemellóuseme a una caixa, apareceu entre a pesca.
Baixei a cuberta para ver de preto o que era, e ao observalo mais polo miúdo vin o que parecía ser unha especia de caixa de latón coa forma dunha pequena casa e cunha porta en cada un dos seus catro lados; No seu pináculo tiña unha argola , que supoño seria para poder penduralo, e non mediría mais duns 30 centimetros de alto por 15 de lado.
Era claramente un farol de aceite dos que se usaban antigamente nos vellos navíos de vela, para nas noites de navegación alumear, e así facerse visible para outros posibles barcos que navegasen preto da súa derrota.
Un mariñeiro alcumado “O Valente” manipulaba o farol ca intención de abrir algunha das súas portas , e cando por fin o conseguiu, cal seria a nosa sorpresa ao poder ver... que o farol estaba aceso!. Unha feble luz tilitaba no interior da lanterna.
“O Valente” non fixo honor ao seu nome neses momentos , foi tal a súa sorpresa que
deixou caer o “artiluxio do Demo” na cuberta, como se mesmo fora cousa do diaño o que acababa de ver.

Nun longo período de tempo no que ningún de nós se atreveu a tocalo , observabamos a súa luz acesa e desafiante a todas as leis coñecidas da física e da razón. Entón eu, posuído dun valor que tan so proporciona o medo , nun rápido movemento guindei o farol por fora da borda o mar.
Durante moito intre , mentres o farol regresaba de novo ás profundidades mariñas (das que nunca debería haber saído), puidemos ver aínda a súa terrorífica luz, logo , nada.
Quedamos todos un bo intre atónitos , sen mediar palabra entre nós , ata que se nos foi pasando o pasmo e o susto.
Decidimos non contarllo a ninguén o chegar o porto, pois certamente nadie nos houbese crido e houbésenos tomado por mentiráns ou por algo aínda peor.

.

Agora pasado o tempo , decídome a contalo, ca intención de compartir con todos vos tan pavoroso acontecemento, facendo de este modo un claro acto de confesión co que tratar de aliviar os pesadelos que me perseguen dende aquel maldito día.

.
Aínda hoxe , logo de tantos anos, ao lembrar aquela lúgubre e tenue luz daquel maldito farol, volvo a estremecerme coma se aquel brillo diabólico me estivese alumeando aínda.
.............

Manuel M. Caamaño

28-12-06



9 comentarios

Noemí

30 dic 2007 | 08:22 PM

Avatar

Puff! Vaya historia Manuel.

Supongo que esta son del tipo de cosas que no tienen explicación en la vida y que no hay que darle mas vueltas. No obstante, ahora que te has animado a contarlo y además desde este foro, quizas alguien entendido pueda darnos una explicación lógica y científica al hecho (yo desde luego estaría encantada de leerla).

Por otro lado, esta historia que nos cuentas, me transporta a todo lo que de leyenda y magia tiene el mar. Por eso también son bonitas estas historias tan irracionales.

Saludos y mis mejores deseos para el próximo año.

Joan Sol

31 dic 2007 | 02:29 PM

Avatar

Magnífica historia de misterio y muy bien narrada, que me recuerda alguno de los relatos de Edgar Allan Poe. Es menos creíble que la de la botella viajera, pero, en mi opinión, mucho más consistente literariamente. Es cierto, como tu dices, que examinando detenidamente el atrezzo de tu inocentada pueden descubrirse algunas incongruencias. También está el detalle, que comenta Xocas, de que nadie se detendría a fotografiar una botella con un mensaje antes de cogerla. Aunque en contra de eso se puede argumentar que, tal vez, la chica australiana descubrió la botella y su contenido haciendo fotos en la playa. En la película “Blow Up”, de Antonioni, el fotógrafo protagonista descubre lo que parece ser la pista de un asesinato al ampliar un detalle que aparece en segundo plano en una de sus fotos. Podría ser que la botella encontrada en la playa apareciese en un rincón de un encuadre mucho más amplio. En cualquier caso, cuando uno se deja seducir por una buena historia de ficción, todos esos detalles se vuelven invisibles. Incluso diría más: es nuestra imaginación la que se encarga de “completar” esos detalles que faltan: los percebes agarrados a la botella, la tinta corrida del mensaje… ¡Y eso es lo bueno de la buena ficción! Que tu construyes la historia completa en tu mente.
Por cierto, que uno de los relatos de tema marinero más celebrados de Edgar Allan Poe es “Manuscrito hallado en una botella”, lo cual tal vez no dé una pista sobre tus gustos literarios…
La gran obra de tema marítimo de Poe es “The narrative of Arthur Gordon Pym of Nantucket” (Traducida en castellano como la narración, el relato o las aventuras de Arthur Gordon Pym). Es una historia fantástica y un tanto surrealista, diferente de las clásicas novelas de aventuras, sobre todo por su sorprendente final, en unos ignotos parajes helados. La Wikipedia cita un fragmento de la novela cuya atmósfera me recuerda la de “O candil do Diaño”:
"Cuanto todos nos hubimos tranquilizado, nos pusimos a mirar la nave que se alejaba, hasta que se perdió de vista. El tiempo empeoraba y soplaba un ligero viento. En el preciso momento en que el buque desapareció en el horizonte, Parker se volvió hacia mí con una expresión en la cara que me dio escalofríos. Tenía un aire de seguridad y entereza que nunca le había observado. Antes de que despegara los labios, yo tenía el pálpito de lo que iba a decirme. En una palabra, insinuó que uno de nosotros debía morir con el fin de salvar a los demás."

Buen año, Manuel, y que el 2008 nos permita seguir disfrutando de tus buenas historias.

Amiga Atlántica

31 dic 2007 | 11:13 PM

Avatar

Feliz Año nuevo!!!
Que el 2008 venga con buenos vientos para todos los que amamos el mar.
Saludos Atlánticos!!!

homesdepedraenbarcosdepau

1 ene 2008 | 01:45 PM

Avatar

Noemí

Creo que el haber leído la historia del farol en gallego, te ha inducido al error.
La historia es un cuento de ficción escrito por mí. Lo dejo meridianamente claro al comienzo, en la introducción al post.

Aunque seria aterrador si fuese cierto, no lo es, y creo mi deber sacarte de tu creencia en lo contrario.

Apertas mariñeiras.

Oli

1 ene 2008 | 01:59 PM

Avatar

Pasaba por aqui para desexarche unha feliz entrada de ano, e ademáis que pases un bo dia do teu santo, felicidades!!!

Espero que neste novo ano se cumplan todos os teus mellores desexos!!!

2008 bicos!!!!!

homesdepedraenbarcosdepau

1 ene 2008 | 04:10 PM

Avatar

Joan Sol
Pocos autores que hayan escrito sobre viajes y aventuras en la mar, se han escapado de mi lectura y entre ellos por supuesto y en lugar destacado Edgar Allan Poe.

Siendo apenas un niño devoraba libros de aventuras marinas. Stevenson, Defoe, Verne y Herman Melville invadían mi mesilla de noche y mi imaginación.
En mis fantasías aventureras tanto navegaba por los mares del sur con una pasmosa habilidad a bordo de un viejo ballenero, o acompañaba a Roald Amundsen o a Robert Falcon Scott en sus odiseas en los casquetes polares en las aguas turbulentas de los océanos glaciales.
Tanto escritores como aventureros henchían mi influenciable imaginación de niño, forjando a golpe de imaginación mi amor por el mar y por todo lo relacionado con el.

Molt feliç any nou a abraçades mariners per a tu i els teus.

homesdepedraenbarcosdepau

1 ene 2008 | 04:16 PM

Avatar

Amiga atlántica

Un muy buen feliz comienzo de año nuevo desde la ría de Muros

Apertas mariñeiras.

homesdepedraenbarcosdepau

1 ene 2008 | 04:22 PM

Avatar

Oli

Se me faltesen as tuas felicitacions no dia de hoxe, non seria un dia totalmente completo.

Hoxe e a festa dos Lelos i eu son un Lelo con todas as da lei, grande gordo e un ano mais vello.

Apertas , e gracias pola tua amizade

Noemí

1 ene 2008 | 07:13 PM

Avatar

¡Vaya metida de pata!

La verdad es que si que me cuesta un poco más de lo normal leer tu blog. El gallego es una lengua preciosa y no es de las que peor se entienden para los castellanoparlantes, pero si que añade un punto de dificultad para mi. Se puede entender el contexto, pero hay muchas cosas que se me escapan.

Por otro lado, yo soy bastante crédula. No me sorprendo de casi nada en esta vida, así que no me hubiera exrtrañado la veracidaz de esta historia.

Ahora que me cuentas que es un relato tuyo, no puedo hacer otra cosa más que felicitarte. Consigues crear suspense e intriga, lo que le hace sumamente placentero.

Un saludo y perdona por la confusión.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia