................
|
|
Vai placidamente entre o ruído e a présa, lembra que a paz pode estar no silencio.
.........
Sen renunciar a ti mesmo, esfórzate por ser amigo de todos.
.............
Di a túa verdade, quedamente, claramente.
.............
Escoita aos outros aínda que sexan torpes e ignorantes; cada un deles ten tamén unha vida que contar.
..............
Evita aos ruidosos e agresivos, porque eles denigran o espírito.
...............
Se te comparas cos outros podes converterte nun home van e amargado; sempre haberá perto de ti alguén mellor ou peor que ti.
..............
Alégrate tanto das túas realizacións como dos teus proxectos.
..............
Ama o teu traballo aínda que sexa humilde; é o tesouro da túa vida.
...............
Se prudente nos teus negocios, porque no mundo abundan as xentes sen escrúpulos.
................
Pero que esta convicción non che impída recoñecer a virtude; hai moitas persoas que loitan por fermosos ideais e onde queira que mires a vida está chea de heroísmo.
.................
Sei teu mesmo; Sobre todo non pretendas disimular as túas inclinacións.
..................
Non sexas cínico no amor, porque cando aparece a aridez e o desencanto no rostro, convértese en algo tan perenne como a herba.
...................
Acepta con serenidade o consello dos anos e renuncia sen reservas a dons da mocidade.
...................
Fortalece o teu espírito, para que non te destrúan inesperadas desgrazas.
....................
Pero non crees falsos infortunios; moitas veces, o medo é produto da fatiga e a soidade.
....................
Sen esquecer unha xusta disciplina, se benigno contigo mesmo.
....................
Non es máis que unha criatura no Universo, non menos que as árbores e as estrelas; tes dereito a estar aquí, e se non tes ningunha dúbida, o Mundo despregarase perante ti.
.....................
Vive en paz con Deus, non importa como ti o imaxines; sen esquecer os teus traballos e aspiracións, mantente en paz coa túa alma, pese á ruidosa confusión da vida.
......................
Pese ás súas falsidades, penosas loitas e soños arruinados, a Terra segue sendo fermosa.
.....................
Sei coidadoso.
....................
Loita por ser feliz.
.............
.............
Max Ehrman (1872-1945)
Manuel,amigo,
Unos pensamientos dignos de tenerse en cuenta.
Un fuerte abrazo.
Hola, es un precioso y aleccionador escrito...siempre hace bien recordarlo.
Saludos.
Amigo José
Son frases que hacen pensar y que harian de el mundo un mejor sitio para vivir.
Espero que los Reyes Magos fueran generosos contigo.
Apertas
Laurencia 19
Son frases que deberian reconciliarnos con el mundo y con nosotros mismos.
Pero por desgracia casi siempre se quedan tan solo en eso , en buenas intenciones.
Apertas