Fai moitos , moitos anos , cando eu era un neno como vos , nas noites de inverno cando había vendaval e non se podía saír o mar , xuntabámonos todos arredor da lareira. E o noso pai que era mariñeiro contábanos as historias que el lembraba.
Eu acurrunchábame no regazo de miña nai e oía atentamente o que alí se falaba.
Unha das historias que mais me quedaran gravadas no meu maxín foi a da serea Meixide.
Esa era unha das que nunca faltaba en aquelas longas noites o carón do lume .
Meu pai poñendo unha cara moi seria contaba o que lle acontecera a Xan de Mean.
Eu vouna contar como ma contaron a min . Meu pai xuraba e perxuraba que fora certo , eu sempre o crin , vos cada un pensade o que queirades .
De todos e sabido que as sereas non se adoitan ver a cotío . Eu que levo trinta anos andando o mar , nunca atopei con unha . pero podo asegurarvos que habelas hainas . Que eu non as vira nunca , so quer dicir que igual as sereas nunca se interesaron por min.
Pero vamos o que vamos.
Xan de Mean era patrón de unha lancha do xeito . Unha lancha a que lle chamaban A Pescadora.
Pero a verdade e que a realidade non sempre coincide cos desexos de cada un , e A Pescadora , ultimamente non estaba a pescar todo o que debía.
Todos os días na rula os patróns das outras lanchas , descargaban ufanos moreas de sardiñas e de xoubas e A Pescadora sempre con un par de patelas nada mais.
O pobre Xan xa non sabia onde tirar as redes , porque largara
onde largara os peixes sempre eran os mesmos , ( poucos).
Xan que ca súa lancha nunca saíra da ría para fora , sabia ( polo que lle oíra contar os vellos no peirao ) que a tres millas da costa , atopábase o banco de sardiñas mais rico de todo o litoral.
Canso de non pescar e despois de moito cavilar , decidiuse a ir a costa en procura das sardiñas que non topaba na ría.
Era una abrente fresco de verán . O mar estaba tan calmo que parecía un espello , so unha moi pequena brisa facía que a vela da Pescadora se inflase por momentos.
Xan aferrado o temón , gobernaba a lancha en procura do rico banco de sardiñas.
-Hoxe e u meu día- , pensaba o mariñeiro mentres a proa da lancha cortaba o espello do mar como si un coitelo quente cortase manteiga.
_ hoxe a Pescadora ira cargadiña de milleiros de sardiñas para porto.-
Cavilando en estas andrómenas ría solo Xan.
Tan distraído estaba que a penas se dou conta de que a brisa desaparecera , facendo que a vela caese flacida sobre da botabara.
Aprestouse Xan a armar os remos para seguir vogando hasta o caladoiro.
Pero tan pronto como se quedou o vento unha espesa brétema cubriu o ceo impedindo que Xan puidese seguir . Pois como todo sabedes , no mar si hai brétema espesa os mariñeiros solo se poden fiar da súa rosa dos ventos , pero o coitado de Xan era tan pobre , que ni agulla de marear tiña. Entón non puido facer mais , que pórse a esperar haber si clareaba a brétema.
Sacou o mazo do tabaco fixo un cigarro e armouse de paciencia . Aínda que unha sombra de inquedanza cerniase sobre do seu maxín.
Estaba no medio do mar lonxe da costa e sen medios para volver hasta que despexase a borraxeira.
Aburrido e canso como estaba de esperar , comezou a cantaruxar unha vella canción que lle oíra cantar os maiores do pobo cando era neno.
MARIÑEIRIÑO QUE VAS
NA TÚA LANCHA PESCAR,
TEN COIDADO DA SEREA
QUE CHE A DE ESTAR AXEXAR.
NON TE FÍES MARIÑEIRO
NOS DÍAS DE CALMA BRANCA,
QUE PODE SER QUE A SEREA
VEÑA RECLAMARCHE A IALMA.
Cantaruxaba Xan e o eco respondíalle , ou iso foi o que el cría
Hasta que escoitando con mais atención decatouse que o que el crera o eco , era a voz de unha muller.
Aquí quero facer unha pequena parada para preguntarvos algo.
¿ Ollastedes algunha vez unha serea?. Si algún ou algunha de vos veu unha serea, xa saberá isto que vou dicir , pero por si acaso non a vístedes , eu cóntovos.
Os cantos das sereas son engaiolantes , de feito din que o que escoita cantar a unha serea namorase para sempre dela .
¡ Pois si ¡, iso mesmo que estades a pensar agora , foi o que lle pasou a Xan de Mean.
O que el o principio cría que era o eco da súa canción , era unha fermosísima e moi doce voz de muller , que estaba a repetir a súa melodía.
Armou os remos outra vez e dirixiuse cara a o punto de onde viña a voz .
Sentada encima de unha rocha estaba Meixide e hasta ela chegou Xan .
Aquí para o relato , quero deixar que o maxín de cada un , dea un final distinto a o que despois acontece entre Xan e Meixide.
Eu solo vou a contar o que dicía meu pai que aconteceu despois .
¡Xan nunca volveu a terra ¡.
Días despois de que saíse Xan para o mar apareceu a Pescadora varada nunha praia e sen rastro do seu patrón.
Nunca ninguén soubo o que lle pasara , pero dende aquel día dúas novas rochas apareceron na costa en un lugar que antes non había pedra ningunha.
A xente doulle en chamar a esas rochas Mean e Meixide , e aí están aínda esas dúas pedras .
Si coñecedes a algún mariñeiro preguntádelle por esas pedras e veredes como el vos ha falar delas.
Ninguén sabe si o mariñeiro e a serea se converteron en rochas , pero hai quen xura que si. Tamén din que nos días de calma cando hai brétema , volven a converterse en serea e mariñeiro e que pasara así por os séculos dos séculos.
Eu non o sei , eu solo sei que cando o meu barco pasa preto de esas rochas creo escoitar unha melodía fermosísima cantada a dúo. Pero solo e a miña imaxinación , porque senón ficaría engaiolado tamén.
4 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
A historia e ben bonita e sexa verdade ou non ,a min gustame creer que si
foi certo.
Son moitos os homes que desaparecen no mar ,homes que saen todos os dias pedindolle a Dios volver a casa xunto cas suas familias.
Tan sequera Xan ficou no mar feliz.Bicos
ti ten coidado cos cantos de sirea, pos podes desaparecer e deixanos sin mais contos.
un conto moi bonito. un saudo
Gorriona
Eu cada vez que navego preto de Meixide , creo escoitar entre o retumbar das ondas contra as pedras, melodias doces cantadas a duo por unha voz de un home e a de una muller de moi docisima voz.
Pero como ti ben sabes , eu teño moita imaxinacion e de seguro solo no meu maxin soan esas voces.
Bicos , moitos bicos, feixes de bicos, moreas deles....
Raga
terei que amarrasme o mastro como fixo Ulises para non ser engaiolado por as suas fermosas voces.
Aimda que as veces penso que non seria mala idea deixarse encartar por unha serea, Ainda que logo ficase convetido en rocha.
Apertas costeñas