La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

8, feb

Fotos dende o ceo

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar Imaxinarium

O noso amigo Carlos, que é tripulante do helicóptero de rescate PESCA 1, envioume estas dúas fotos tomadas dende o aire a bordo da súa aeronave.

A primeira foto e do SIDRI ROBER , (o vello barco de pau) do cal eu fun patrón durante 23 anos hasta o seu despece fai agora un ano. Esta foto tan so se pode cualificar de espectacular! . Tomada dende unha singular perspectiva , reflicte a perfección o andar airoso do barco sobre as ondas, e o vento , (probablemente nordés) rachando os cumios das ondas en rocions de escuma .

A segunda foto e do Meira da Costa , barco no cal traballo e navego dende o mes de maio do pasado ano.

Esta foto está tomada un día de calma; o barco a unha velocidade aproximada de catro nos , avanza tirando do aparello que ven atoado pola popa a unha distancia de un quilometro.

Pódense ollar perfectamente os cables de arrastre que van dende o barco hasta o aparello.


...........

Se queredes ver as fotos en tamaño maior, tedes que pulsar sobre elas co botón dereito do rato e logo premer sobre “gardar como” unha vez gardadas pódense ollar no seu tamaño orixinal.

8 comentarios

Jose Dominguez Dominguez

8 feb 2008 | 11:39 PM

Avatar

Manuel, amigo,

Muy bellas las fotografías y muy bien tomadas.

Buen fin de semana y un fuerte abrazo.

Xocas

9 feb 2008 | 08:08 PM

Avatar

Moi fermosas. O Sidri impresionante.
Este colega teu debe ter unha boa colección, a ver se se anima e un día fai unha exposición ou un web :-)

homesdepedraenbarcosdepau

10 feb 2008 | 07:34 PM

Avatar

José

No es una perspectiva muy habitual de ver y resulta espectacular la vista desde el aire, sobre todo el Sidri navegando a plena maquina.

Apertas josè

homesdepedraenbarcosdepau

10 feb 2008 | 07:38 PM

Avatar

Xocas
Teño que plantexarlle a Carlos que expoña as fotos que posúe dos barcos, creo que ten unha base de datos enorme, non sei se abrangue a totalidade da flota da nosa costa?, pois soen tirar fotos de todos os que sobrevoan.

Eifonso Lagares

11 feb 2008 | 01:13 AM

Avatar

Muy buenas las fotos y espectaculares. Saludos

homesdepedraenbarcosdepau

12 feb 2008 | 03:59 PM

Avatar

Si Eifonso , las fotos son muy buenas y nos muestran una perspectiva no muy habitual de ver.

Apertas

O Capitán

15 feb 2008 | 07:21 PM

Avatar

Ola dende Ribeira! Impresionantes as fotos e moi interesante o blog en xeral.

Escríbovos en nome do Capitán do Three Brothers e dun grupo de amigos que, sen ningunha pretensión e por mero afán de divertirnos, iniciamos hai uns meses a nosa singladura polos mares de Internet coa creación dun blog comunal.

O Three Brothers é un bar de mariñeiros de Santa Uxía de Ribeira, un lugar de profunda tradición marítima. Alí xuntámonos a conversar locais e foráneos, dende aguerridos mariñeiros ata profes dos institutos da zona, xentes da orde e outra clientela variopinta.

En canto ao noso blog... bueno, preferiríamos que o vísedes por vos mesmos.

http://threebrothers.wordpress.com

Gustarianos propoñer un intercambio de enlaces:

Que o Three Brothers apareza no apartado de enlaces desta web e que na sección de Outros Mares do 3B apareza Homes de Pedra en Barcos de Pau.

Moitas gracias pola atención, agardamos pola resposta,

Unha aperta ;)

3B, 3bcapitan@gmail.com

homesdepedraenbarcosdepau

16 feb 2008 | 11:08 AM

Avatar

Capitán
¡Oh, capitán!, meu capitán!,
O meu terrible viaxe rematou.
Atopei por fin bo porto para a miña ultima arribada e nese porto a taberna dos Three Brothers.

Por suposto que terá vostede a bordo desta, a miña nave, unha praza reservada e de honra como calquera home de mar.

Espero achegarme calquera día destes a (aldea de abaixo) para volver a saudar os meus amighos , Vixan do Tartessos ou Xose Antonio do Samper ou tantos e tantos outros cos que tomei chiquitos e compartín gholpes de mar... Pasarei pola taberna onde se poden escoitar as historias dos homes de mar mentres se bebe un bo viño.

Apertas

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM