O próximo 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e como non vou a volver do mar hasta o fin de semana que ven, para conmemoralo xa de antemán , rescato do fondo da miña bitácora esta "Tonteria Nº 1" .

........

Como non podía ser de outra maneira, xuntamos verbas con sabor salgado e que reflicten un solpor calquera do que podemos disfrutar os que temos o enorme privilexio de ollalos todos os días dende o mar,
..............

Sae noite do teu escuro agocho
quero regalarche unha posta de Sol
é a luz que regresa a ti axeonllada
xeonllos que tan só o teu silencio coñece


Aqueles montes asemellan ardentes volcáns

Onde a luz é lava ardente

as nubes roxas , enormes volutas de xofre

e o mar...

ai! Quen puidera posuír as túas douradas ondas.

Déixate ver noite

e apaga o mundo tan so unha vez mais.