La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

22, mar

As cores de MUROS

homesdepedraenbarcosdepau En: Cousas de Muros

A asociación SORUM organiza estes días no local do muíño de marea do Pozo do Cachón, a “Primeira Exposición Pictórica de Artistas Muradáns”.

Onte puiden asistir a sala de exposicións e quedei gratamente sorprendido tanto da afluencia de publico como da perfecta organización do evento por parte dos responsables de SORUM.

Carmen e Alejandro Senande, Fernando Rei, Laura Gallardo, Montse París e mais Pepa Sestayo son os artistas locais que expoñen parte da súa obra . Amen de varios veciños mais que expoñen algunha obra propia , e que aportaron desinteresadamente para a realización do evento , como Elisardo Conchas e varios mais.

A fermosa e particular ollada nas estampas portuarias de Fernando Rei , o hiper realismo de Montse , a moi orixinal vision do mundo e da xente de Pepa, a contraposta vision da cor dos irmáns Senande, a cada cal mais inquedante e impactante. E o fermosísimo trazo de Laura , fan que o espectador se mova entre diferentes maneiras de ver o mundo e se implique un pouco na obra de cada artista.

Miña mais efusiva felicitación tanto os artistas como SORUM , que logran un salientable éxito con esta primeira exposición.


2 comentarios

raga

23 mar 2008 | 10:07 PM

Avatar

de quen son as pinturas tan coloristas da terceira foto?gustanme moito.
un saudo

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia