La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

6, abr

O Caleuche ( O Barco dos Mortos)

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar


Os vellos pantasmas volven a asomar en forma de terribles pesadelos que me impiden conciliar o sono.
Teño medo durmirme, porque sei que eles espéranme no reino de Morfeo para volver a atormentarme.
Para tratar de sobrelevar as longas horas de vixilia auto-imposta, afeccioneime a escribir e desta maneira podo esquecer por algúns momentos os meus terrores.
Hoxe, despois de tantos anos de aquela terrible visión, quero tratar de conxurala plasmando no papel o acontecido aquel día.
Se algunha vez estas follas chegasen por algún designio do azar a mans de alguén, é a miña obriga advertirlle que de aquí en adiante vaise atopar co MAL, por iso recomendo ao posible lector que deteña aquí a súa lectura ou senón atéñase ás posibles consecuencias de seguir facéndoo.
…………………………………….
Era o verán do 93, eu patroneaba por aquel entón un pesqueiro nas augas galegas da Costa da Morte, realizando mareas de dous ou tres días no mar.
A rutina diaria era o máis sobresainte que podería contarse sobre aquel traballo.
Pero esa rutina rachou para sempre aquel terrible día.
Unha espesa cerrazón cubría dende facía horas a superficie das augas e nin un asomo de brisa se percibía para que puidese despexar a néboa.
Atentos ao radar, o meu segundo e mais eu, asegurabámonos que todos os buques mercantes se afastásen da nosa demora; nós tiñamos a capacidade de manobra moi restrinxida, por mor de estar arrastrando as redes e tan só avanzabamos a unha velocidade de dúas millas por hora.
Un eco na pantalla do radar chamou a atención do segundo patrón, pola forma errática que tiña de navegar.
Comentei co meu compañeiro que se non estivese tan calma, a forma de moverse dese buque corresponderíase coa dun gran barco de vela dando enormes orzadas, pois a súa proa e mailo seu rumbo variaban cada certo tempo, para logo volver ao curso inicial.
Por precaución punteei o branco co cursor anticolisión duns dos nosos radares e a medición confirmou que de seguir co noso rumbo o choque con ese misterioso barco seria inevitable.
Ordenei ao meu compañeiro que mantivese alerta á tripulación ata que deixase libre a nosa demora ese misterioso navío, e reducimos a nosa velocidade para quedar case completamente detidos.
Accionei a serea de néboa tratando de alertalos da nosa situación pois botábasenos enriba por momentos e a colisión parecía inevitable.
Un vixía apostado na proa foi o primeiro en divisalo.
Era un enorme veleiro de cor branco con todo seu velame despregado a pesar de non haber nin un fío de vento, sobre a súa cuberta ducias de persoas, homes e mulleres, parecían divertirse nunha animada festa.
Dirixinme ao alerón da miña ponte para observar mellor a escena e puiden ler claramente o nome do navío gravado con grandes letras negras na súa amura “CALEUCHE “Esa era o nome dese navío que o diaño confunda no mais recóndito e apartado dos infernos.
Un tremendo fedor a morte invadiu neses momentos a miña nave e puiden comprobar que o que parecía ser un animado xentío que festexaba na cuberta dese pavoroso buque, eran en realidade pútridos cadáveres de homes e mulleres aos que colgaban xirons de pel dos seus brancos ósos, rostros sen ollos con súas cuncas baleiras, mans osudas que xurdían de entre esfiañados anacos de tela, unha visión chegada do mesmísimo inferno e que atormentará os meus soños con arrepiantes pesadelos ata o final dos meus días.
Esas criaturas de Lucifer chamábanme a min, polo meu nome, facendo ostensibles xestos cos seus esqueléticos membros, para que fose con eles.
O que aconteceu, a partir de eses momentos seino a través da narración que fixeron dos feitos os meus compañeiros; pois eu despois dese instante non teño lembranza de nada mais do acontecido.
Describiron como comecei a achegarme ao costado do meu barco coa intención de saltar á cuberta do veleiro onde ducias de putrefactos brazos estirábanse xa para recibirme.
Os tripulantes do meu barco foron rápidos na súa determinación de impedir que eu saltase, conseguíndoo no último instante cando a punta dos meus dedos xa tocaba unha cadavérica man, arrastrarme de novo para a cuberta do noso navío
O Caleuche , ao cal Satanás confunda, continuou o seu rumbo ata volver a perderse entre a néboa mentres aquelas infernais voces seguían pronunciando o meu nome.
Aos poucos fun recuperando a cordura e ordenei ao meu segundo que arrumbase ao porto máis próximo da nosa situación.
Desde aquel día as voces tortúranme nos meus pesadelos, e paso horas tratando de non durmir ata que rendido de cansazo volvo xunto eles para ser un mais naquela maldita tripulación.
………………………..
Non podo continuar escribindo, as dores da miña man esquerda son cada vez mais insoportables. É o membro co cal cheguei a rozar un daqueles putrefactos brazos que se estarricaban cara a min para recollerme.
Retiro a luva que a cobre e comprobo que a putrefacción do meu membro é cada vez máis ostensible.

4 comentarios

cruxens

7 abr 2008 | 12:19 AM

Avatar

Boaaaas!...qué medo, unha hestoria arrepiante, a santa compaña mariña!!

homesdepedraenbarcosdepau

12 abr 2008 | 05:38 PM

Avatar

Cruxens
non vaias a pensar que é conto , asi tal mesmiño como o conto , aconteceu. ou iso creo...
Apertar medoñentas

Joan Sol

15 abr 2008 | 12:41 AM

Avatar

¡Que buen relato de terror, Manuel! Me recuerda aquell que escribiste en diciembre, "O candil do Diaño". ¡Ah, la sombra de Poe es alargada y se proyecta también sobre este texto! Me gusta como das verosimilutud al relato, con detalles de tu experiencia marinera que transmiten la sensación de que es algo que has vivido personalmente y te metes de lleno en la historia; y al final ese giro sorprendente que pone los pelos de punta. ¡Muy bueno!

Hablando de Poe, tengo sobre la mesita de noche, a punto de hincarle el diente, el libro del escritor gallego Alberto Fortes, "Amargas han sido las horas", que cuenta las aventuras y desventuras de Edgar Allan Poe enrolado a la fuerza en la tripulación del pirata Benito Soto. La cosa promete, y mucho.

Por cierto que Alberto Fortes (Pontevedra, 1964) estuvo enrolado en barcos pesqueros y comerciales. ¿Sabes algo del libro y de tu paisano? ¿Y tu no has pensado en publicar tus relatos?

Saludos desde el Mediterráneo.

homesdepedraenbarcosdepau

19 abr 2008 | 03:24 PM

Avatar

Joan Sol

Como tu bien dices, la sombra de Poe es alargada. En este pequeño relato, creo que inconscientemente realice un pequeño homenaje al escritor que con tan buenas horas de lectura con sus novelas de aventuras o con sus cuentos de terror, acompaño mis lecturas de a adolescencia y juventud.
Sobre lo que me dices de publicar mis relatos, dudo mucho que tengan la minima calidad para ser publicados, Además nunca me lo plantee, escribo para liberar un poco mi cabeza , que es siempre un hervidero de ideas (las mas de ellas inconexas) y dejar lugar para que otras ocupen su lugar.

Sobre Alberto Fortes y su libro no lo conocía, pero enmendare ese vacío esta tarde pues pienso adquirir su libro; con tan solo su titulo ya promete.

Con referencia a lo que me cuentas en tu otro comentario sobre el Mary Celeste, decirte que esa historia es una de las que mas siempre me sedujo , por su misteriosa trama y porque en el velero no se encontraron motivos para deducir lo que había pasado con su tripulación.
Hace ya algún tiempo publiqué en mi bitácora algo sobre ese caso.

http://www.lacoctelera.com/homesdepedraenbarcosdepau/post/2007/10...

Gracias Joan por tus siempre doctos comentarios.

Apertas

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia