O mercante da Navieira Nacional Elcano (ENE) Castillo de Montjuich arriou cabos do porto norteamericano de Boston con destino A Coruña o día 5 de decembro do ano 1963 cun cargamento nas súa adegas de gran.
Tiña previsto chegar o porto herculino o día 21 de decembro pero nunca chegou a porto.
O día 14 de decembro o Capitán José María de Arriandiaga enviou o seu ultimo parte a sede da compañía coa ultima situación do buque e coa estimación de chegada A Coruña. Logo deso nunca mais se soubo do navío.
A desaparición do Castillo de Montjuich xunto cos seus 37 tripulantes entre os cales se atopaban catro veciños de Muros no medio do Atlántico, foi e segue a ser unha das grandes enigmas acaecidas na mariña civil española no século pasado.
Manuel Rodríguez Aguilar que é oficial da mariña mercante e escritor , no seu moi ben documentado libro titulado “ Vida y Tragedia Del Mercante Castillo Montjuich”, fai un exhaustivo percorrido pola dilatada vida do mercante , os seus cambios de nome e nacionalidade , a súa participación, baixo pavillón británico e co nome de “African Marine” a prol do bando republicano na Guerra Civil Española , transportando armas e vituallas , o seu embarrancamento no porto asturiano de Xixón, no cal estivo a punto de perderse definitivamente...
E continua a súa historia hasta o que ía ser o seu derradeiro viaxe , aportando a súa documentada hipótese a causa da desaparición.
Manuel Rodriguez , non consigue crear un libro de lectura doada para o profano en temas náuticos,( non creo que esa fora a súa intención) , pero aporta unha innumerable cantidade de datos , e documentación que fan da súa obra un referente para calquera investigador ou simplemente curioso da historia naval española.
Amigo Manuel,
Observo que has localizado el libro.
Un fuerte abrazo.
Soy familiar del tercer oficial del castillo montjuich