La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

3, may

A Vella da "A Xesta"

homesdepedraenbarcosdepau En: .Homenaxe as Vitimas do Bonifaz

(Fomos ficando sós / o Mar o barco e mais nós)

Manuel Antonio

..........

O meu ben estimado amigo, Marcelino García Lariño, Aparte de ser un gran e ameno conversador é un magnifico escritor e poeta .

Fai uns días agasalloume coa lectura de varias das súas composicións, as cales todas teñen, o meu modesto entender, un alto valor literario, e de entre elas fixeime nunha poesía dedicada e estatua “da vella” .

Esta escultura que é un símbolo moi querido para todos os muradáns , representa a unha vella sentada , mirando cara o mar . Espera a vella ver chegar pola bocana do porto o seu fillo que saíu un día para o mar e nunca regresou .

Nos actos que temos programados na honra das vítimas do petroleiro Bonifaz o día 12 de xullo, habemos facer o pe de esta escultura unha ofrenda floral , e pedimos a Marcelino que nos compuxese unha poesía que el mesmo recitara no acto.

Esta é a poesía que Marcelino lle dedica a vella

Á VELLA DA “A XESTA”

          Choraba e chora na A Xesta,

          Sempre o fai mirando ó mar;

          A vella chora, e máis chora,

          ¿por quen estará a chorar?

          ¿Chorará polo seu home,

          por seu fillo, por seu pai,

          chorará polo seu noivo,

          polo amigo, polo irmán?

          Chora por calquera deles

          Que un día estando a pescar

          enguliuno unha galerna

          e nunca máis veu voltar.

          Calquera muller de Muros

          Sempre ten por quen chorar;

          Non hai no porto familia

          Sen afogado no mar.

          Hoxe, nunha estatua viva,

          A vella sigue a chorar,

          Mesmo na punta da “A Xesta”,

          Soíña, fitando ó mar.

          Marcelino García Lariño.

3 comentarios

O_Fartura

3 may 2008 | 09:14 PM

Avatar

Boa poesía para unha boa iniciativa.
Parabéns e un saúdo mariñeiro.

homesdepedraenbarcosdepau

4 may 2008 | 10:59 AM

Avatar

O_Fartura

Xa irei publicando pouco a pouco por aquí todo o relativo a esta homenaxe.
Para min , persoalmente, está resultando moi emocionante e gratificante esta pequena empresa.

Apertas

Marieke

6 may 2008 | 11:56 AM

Avatar

E Álvaro de Campos ( heterónimo de fernando Pessoa"responde com alguns fragmentos da sua "Ode Marítima"

(...) "Chamam por mim as águas,
Chamam por mim os mares.
Chamam por mim, levantando uma voz corpórea, os longes,
As épocas marítimas todas sentidas no passado, a chamar..."
(...)
"No mar, no mar, no mar, no mar,
Eh! pôr no mar, ao vento, às vagas,
A minha vida!
Salgar de espuma arremessada pelos ventos
Meu paladar das grandes viagens.
Fustigar de água chicoteante as carnes da minha aventura,
Repassar de frios oceânicos os ossos da minha existência,
Flagelar, cortar, engelhar de ventos, de espumas, de sóis,
Meu ser ciclónico e atlântico,
Meus nervos postos como enxárcias,
Lira nas mãos dos ventos!..."
(...)

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM