Era o ano 1974 . Eu , aínda apenas un barbilampiño adolescente , comezaba os meus estudos de patrón na escola náutica de Vigo. O meu mestre de matemáticas naquel primeiro curso, era un entrañable ancián , (ou iso mo parecía a min, mirado dende a curta atalaia dos meus escasos 15 anos) co pelo cano, gafas de grosa montura e modais sosegados. Chamaba a miña atención o feito de que mentres nós , os seus alumnos , tratabamos de desentrincar algún problema matemático proposto polo mestre, el na súa libretiña de notas que sempre levaba no peto interior da súa americana, escribía ensimesmado coa súa estilográfica. Eu pensaba que o mestre estaba a resolver tamén as ecuacións que a nós nos propuxera , pero levado pola miña curiosidade, un día o entregarlle o meu exercicio, puiden ver que o que eu creia números , eran letras , e o que pensaba eran problemas matemáticos eran versos. Don Xosé María Álvarez Blázquez , meu mestre de matemáticas, estaba a compoñer entre problema e problema , na clase de matemáticas versos tan fermosos como o que acompaña aquí este texto , musicado nesta ocasión por Suso Bahamonde. 




6 comentarios
Cruxens
4 may 2008 | 04:52 PM
Boas!. Con mestres así de seguro que as "mates" serían se non máis sinxelas, polo menos máis divertidas. Anque ó mellor se sentiría máis cómodo dando clases de literatura.
Lembro un día, cando estaba na escola náutica de Riveira, aló polos noventa, viñera o finado de Carlos Casares co motivo do día das letras galegas a dar unha conferencia, e unha cousa que dixo que me quedou grabado foi que non quería que lle dedicasen a él o día das letras, porque se homenaxeaba a escritores xa finados.
Supoño que agora xa non lle importaría.
Unha aperta dende Nafarroa e aburiño!
Marieke
8 may 2008 | 12:25 PM
Sou professora de Matemática..e posso garantir que também a Matemática pode ser poesia....senão ...lê
Um Quociente apaixonou-se
Um dia
Doidamente
Por uma Incógnita.
Olhou-a com seu olhar inumerável
E viu-a, do Ápice à Base...
Uma Figura Ímpar;
Olhos rombóides, boca trapezóide,
Corpo ortogonal, seios esferóides.
Fez da sua
Uma vida
Paralela à dela.
Até que se encontraram
No Infinito.
"Quem és tu?" indagou ele
Com ânsia radical.
"Sou a soma do quadrado dos catetos.
Mas pode me chamar de Hipotenusa."
E de falarem descobriram que eram
* O que, em aritmética, corresponde
A alma irmãs
Primos entre si.
E assim se amaram
Ao quadrado da velocidade da luz.
Numa sexta potenciação
Traçando
Ao sabor do momento
E da paixão
Rectas, curvas, círculos e linhas senoidais.
Escandalizaram os ortodoxos
das fórmulas euclideanas
E os exegetas do Universo Finito.
Romperam convenções newtonianas
e pitagóricas.
E, enfin resolveram se casar-se
Constituir um lar.
Mais que um lar.
Uma Perpendicular.
Convidaram para padrinhos
O Poliedro e a Bissetriz.
E fizeram planos, equações e
Diagramas para o futuro
Sonhando com uma felicidade
Integral
E diferencial.
E casaram-se e tiveram
Uma secante e três cones
Muito engraçadinhos.
E foram felizes
Até aquele dia
Em que tudo, afinal,
Vira monotonia.
Foi então que surgiu
* Máximo Divisor Comum...
Freqüentador de Círculos Concêntricos.
Viciosos.
Ofereceu-lhe, a ela,
Uma Grandeza Absoluta,
E reduziu-a a um Denominador Comum.
Ele, Quociente, percebeu
Que com ela não formava mais Um Todo.
Uma Unidade.
Era o Triângulo,
Tanto chamado amoroso.
Desse problema ela era a fracção
Mais ordinária.
Mas foi então que Einstein descobriu a
Relatividade.
E tudo que era Luxuria passou a ser
Moralidade
Autor: Anda por aí..nas classes de Matemática
paso de bola
10 may 2008 | 10:58 AM
Saudos de novo, compañeiro.
Non séi como queres que oitros mariñeiros que te leen se deixen ver por aquí, sabendo, como sabes, o rariños que somos á hora de espresar os nosos sentimentos e emocións; o simple feito de admitir que a poesía tamén forma parte da nosa vida, ou que os colores das nubes nun ocaso dun día de calma nos poden deixar apampanados, e algo que (entre nós) debe ser gardado moi adentro, non vaia a ser que os que "parecen" homes de pedra, o final acaben sendo ........calquera oitra cousa.
De novo te felicito polo teu blog, e permítome poñer un enlace na páxina de Riveira.net.
Como últimamente entro moi pouco, casi nada máis que pra mirar o tempo, a ver si en calquera momento me poño e che envío una foto do barco que goberno, e oitras que teño feito de algúns peixes.
Saludiños.
homesdepedraenbarcosdepau
11 may 2008 | 03:51 PM
Cruxens
Pouco sabia eu naqueles anos que o meu mestre era un afamado poeta e que algún dia seríalle dedicado o dia das letras galegas.
É unha magoa que sempre os recoñecementos de quen certamente xa os merece en vida , chegan cando xa os homenaxeados tanto lles ten.
Mellor seria recoñecerlles a súa valía en vida ...Pero por desgraza soe ser así. hai que morrer para que falen ben de un!!
Apertas
homesdepedraenbarcosdepau
11 may 2008 | 03:59 PM
Marieke
A poesia se pode achar em qualquer faceta de nossa vida mais cotidiana. Na mar, nos afazeres domésticos, na contemplação dos jogos de umas crianças, ou nas matemáticas.
Tenho que reconhecer que os números não são meu forte , mesmo que suponho que os que os vocês dominam e vocês entendem , também vocês poderão ver a poesia assomar entre algarismos , equações , integrais e derivadas.
Um muito cordial abraço
homesdepedraenbarcosdepau
11 may 2008 | 04:15 PM
Paso de Bola
Pois os mariñeiros , aínda que por fora , cara o mundo temos aparencia de "homes de pedra" , tamén sentimos, alegrámonos, emocionámonos e disfrutamos das cousas fermosas da nosa profesión e da nosa vocación.
Eu , na miña modesta medida e a través desta bitácora , quero que o mundo se entere de que os estereotipos ,son solo iso, ideas preconcibidas. Que a xente do mar non somos salvaxes nin ruíns , nin rudos lobos de mar que almorzamos augardente e nos expresamos por medio de unha turbia linguaxe composta de imprecacións e de frases feitas , metade e metade.
Grazas pola reseña que fas en Riveira.net de esta bitácora.
Se me mandas esas fotos, publicareinas gustoso .
Por certo, cal é o nome do teu barco ?. Eu ando no Meira da Costa , un arrastreiro de Muros.
Apertas
Escribe un comentario