..........

O_Fartura proponnos outra vez un apaixóante proxecto de colaboración entre bitácoras na rede.

Como xa fixemos fai uns meses coa entrevista a Rafa Villar , onde Ines dende Beliscos pequenos, Moncho dende A Singradura da Relinga , e eu mesmo dende esta bitácora; entrevistamos e logo o publicamos nas nosas paxinas conxuntamente.

Agora Moncho propón entrevistar á María Lado, autora de Berlín.

Nesta ocasión queremos ser un chisco mais ambiciosos e diversificar as linguas e os lugares de onde proveñan as preguntas que se lle han facer a María Lado.

Dende Catalunya a Portugal e dende Cantabria hasta Galicia plantexaremos as nosas preguntas e envorcaremos a nosa curiosidade e a dos que leedes as nosas bitácoras en varias das linguas oficiais da península.

Esta é a lista dos que participaremos , pero isto non é unha lista pechada. Se ti queres aportar tamén as túas preguntas , fáinolo saber e incluirémoste na iniciativa.

1-Joan Sol de El Mar ès el Camí.(Catalán)

Que ten traducido coa autorización da autora un poema ao catalán. O poema poderiamos publicalo nos nosos blogs a modo de antesala da entrevista.

2-Mar de Una Mirada a la Ría de Vigo(Castelán):

Expresou a súa intención de participar na entrevista mediante comment.

3-Manuel de Homes de Pedra en Barcos de Pau(Galego):

A Noemí de El Observatorio de la Noé (Castelán) , envieille esta tarde unha invitación e espero que xunte tamén . Se finalmente se incorpora xa informaríamos

4- Marieke de Ponto de Encontro (Portugués)

5-Moncho de Singradura da Relinga (Galego)

6- Inés de Beliscos Pequenos (Galego)