No intento de fuxir de min, tropecei comigo mesmo e atopeime. Xa asumín, que son orfo , que camiño so fronte a un mundo que sente que eu estou fronte a el, e que tamén está só, xa aprendín que hai noites nas que non hai nin sequera eco, xa aprendín a sufrir menos tempo cando vexo desboroarse o castelo de sonos que forman os meus desexos.

Aprendín a poñerme eu so os zapatos, e afrouxar o mesmo cordón que me afoga cando aperta demasiado, aprendín a equilibrar emocións cando estou a piques de romperme.

Aprendín a querer á xente sen necesitala, a estar con eles só porque quero e por que os quero, ou porque me queren sen ningún tipo de intercambio absurdo ou egoísta movidos polo temor á soidade.

Aprendín a non pedir, a non mendigar pan para o “alma”, abrir os brazos e a desenvolver paquetes de agasallo, a mirar a tapa do iogur onde poñen a data de caducidade, e aínda que estea caducado, xantalo de todas formas.

Afíxenme abrir a neveira do meu corazón cando este chea, e a pechala e irme a durmir cando os seus estantes están baleiros, porque durmindo non hai fame.

Ás veces asómome ao fío do meu particular precipicio e penso que se saltase ía poñer a vitoria demasiado fácil á morte, e isto é unha cuestión de orgullo.

E mantéñome en pé, coas pernas trementes, si , pero erguido. Sen dúbida tamén aprendín a morrer sen ter que matarme, para poder sentirme vivo de novo, coma quen dá de novo unha bafarada de aire, coma se eu mesmo fóra a bomba hidráulica da miña consciencia, que renova o sangue que bombea, sen que se estanque nin se enturbe.

Miro arredor e vexo que a xente ten medo a querer, eu en cambio a querer a alguén non lle teño medo, ao que lle teño medo é a non saber deixarme querer.

Deixarme querer é unha desas cousas que un ten na axenda onde anótanse as tarefas pendentes, é algo que aínda non aprendín, iso dáme máis medo que estar tolo, tal vez porque me afixen ao trapecio, a vivir co pé buscando o equilibrio na corda frouxa.

Ter os dous pés no chan é o que máis desexo e o que máis me aterra, teño medo de volverme un mariñeiro, deses que a forza de navegar por costume só se marean cando están en terra por mor de sentir ese cambaleo estrano e monotono que produce a rutina.

10-11 Balada Para un Loco - Astor Piazzolla