Hoxe tocoulle a Coruña . Os mariñeiros e mailos armadores de Muros estivemos na Coruña facendo ruído para tratar de que escoiten as nosas reivindicacións.

....

É escandaloso que os pescadores teñamos que vender o noso produto nunha “arcaica poxa a baixa” . Cando os costos de produción se encarecen , a reacción lóxica dunha empresa e a de encarecer o produto final . A xente do mar non podemos facer iso pois nós non somos quen fixa o prezo do peixe , se non os compradores que non expoñendo gran capital ni pasando o risco de andar no mar , son os que maior beneficio levan encarecendo para o consumidor final o peixe de unha maneira abusiva.

.......

Non se pode permitir que o quilo de pescada que nos vendemos en primeira venta a 1 euro . valga poucos minutos despois seis veces mais. E un día despois , en calquera capital de provincia de España , hasta 12 veces mais!!

.........

Loitamos e loitaremos hasta que se pague un xustiprezo o produto do mar , e que o consumidor final non sexa espoliado por mediadores desaprensivos.

........

A xente do mar estamos en loita!!!

Na cafeteria do bar do Porto , agardando comezar a marcha
........................
A minista espinosa , non sae moi favorecida no cartel
...................
Fronte a casa do Mar
..................
Hoxe estabamos na outra banda da rexa
..................
A sede da delegacion do goberno, esta ba pechada ( Vaia chasco)
................
Con casco e chaleco
.................
Susana e maría , a conselleira e maila ministra
.................
As mulleres dos mariñeiros teñen que soportar unha pesada carga sobre as suas costas
.........................
O "Gran Hermano " está a ollar . disque mira por Galicia!!!!
..................

Ramón o fogueteiro

.................

As galerias da Avenida da Marina , vironnos pasar

...............

O edificio do Concello da Coruña

................

Mellor regalado que mal vendido

....................

Maria Pita tamen estaba con nós

................
Como nos quedaba de camiño de volta para Muros , fomos saudar agarimosamente os nosos amigos da refineria.