Outrora descartadas como un “mito náutico”, as ondas oceánicas xigantes foron rexistradas por buques mercantes, e medidas con maior precisión desde plataformas petroleiras no mar.
Estas ondas, que se producen por unha combinación ocasional de diferentes ondas, xeran paredes de auga, que se elevan como un poste por encima da superficie oceánica, con alturas que superan os
Lonxe de constituír eventos raros, as ondas oceánicas xigantes poden producirse con bastante frecuencia, e poderían ser responsables do afundimento de numerosos supertanques e portacontenedores, ocorridos en malas condicións meteorolóxicas nas últimas dúas décadas..
Nun temporal, se un buque ou unha plataforma se atopa no lugar equivocado no momento equivocado, experimentará condicións de ondas moito máis severas cás esperables por prognóstico, incluídas estas ondas xigantes, capaces de xerar enormes danos, pero é tan pouco o que se coñece acerca de moitos dos accidentes de navegación, que se fai difícil saber cando se poden atribuír as ondas xigantes.
Aqui no Norte de Portugal diriam..carago carago..que ondasssss
Marieke
Si que dan medo , pero, o excepcional delas é iso mesmo , quew son moi raraas e excepcionales.
Apertas