Sobre das cansas i encorvadas costas da nosa velliña do paseo puxemos onte mais peso; Un peso que para calquera nai seria difícil de soportar , pero a nosa vella con costas de bronce pode con iso e moito mais.

Onte cargamos xa na súa avultada lista de fillos a vinte e un mais ; E digo vinte e un porque os catro que faltan , xa sempre foron fillos dela.

A nova velliña do paseo sufrirá os rigores do tempo estoicamente , soportará o paso dos anos , pero xamais apartará a súa mirada sempre fixa da bocana do porto, agardará como sempre por quen saíu un día para o mar e nunca regresou.

Ela ten vinte e un fillos mais , e nós vinte e un novos irmáns.