A nosa Amiga Atlántica xunto con Hadddock e os seus dous grumetes , pasaron este sábado por Muros para coñecernos a Noemí e mais a min.

Vaia alegría que nos deron coa súa visita.!

De paso que viñeron aproveitaron para facer unha reportaxe fotográfica da nosa vila... e dáme un pouco de envexa, pois Amiga Atlántica pasou tan so unhas horas en Muros pero foi quen de ver dende o obxetivo da súa cámara a “alma” da Vila. Eu que levo toda unha vida vivindo en Muros nunca fun quen de ver o meu pobo desa maneira.

Ahh!! Cóntovos un segredo... Sabedes como é o nome de Amiga Atlántica?. Pois chamase MAR .... Alguén podería pensar que puidese haberse chamado de outra maneira?