O outro día fixéronme un agasallo moi especial de forma sorpresiva e inesperada. Atopeime en Muros co meu amigo Fernando Rei , que aparte de ser arquitecto técnico e tamén un moi bo pintor, e díxome. “ acompáñame un momento que teño algo para ti”. Chegamos a súa casa e no seu estudo de pintor amosoume un óleo , unha marina que o momento recoñecín como os boniteros vascos que estiveron fai uns meses atracados no noso peirao. Meu amigo díxome, “ si che gusta, e teu!”. Eu mireino entre incrédulo e abraiado , e tan so se me ocorreu dicir, “pois claro que me gusta”. Os que me coñecen saben que son avaro en verbas , que me costa dicir mais de dúas frases xuntas e por mor dese defecto que me acompaña e padezo dende sempre, non lle din as adecuadas grazas que o meu amigo se merecía por haberme feito tan explendido agasallo. Para tentar reparar tan imperdoable feito , amósovos o cadro que xa ocupa un lugar preferente no salón da miña casa , e como eu non sei pintar , correspóndolle o meu vello amigho da única maneira que sei , regalándolle un pequeno conto. Desexo que gustes del tanto como eu o fago ca túa pintura. Envíote unha forte aperta motorizada en biscuter e adobada de inxenuidade infantil. Manolo
A VOZ ABANDONADA
En outra parte do mundo, en outra costa , vivía un pescador. Noutros lugares afastados do mundo, os pescadores non necesariamente teñen que selo de peixes. De feito este pescador érao de brisas de brumas e de voces, pescábaas no mar. Todos os días ía a ribeira e tiraba as redes. Cando pescaba brisas sorría ledo, cando pescaba brumas , a melancolía acudía o seu carón, e cando eran voces o que viña nas súas redes , falábanlle i el escoitaba todo o que esas voces lle tiñan que contar. Logo devolvíaas ao mar e íase durmir contento. Un día pescou unha voz moi grande. Tan grande era que parecía todas as voces xuntas do mundo. A voz, apenas pescada, non deixaba de falar: "Son a voz dun mariñeiro que me abandonou no medio do mar". Non sei por que quixo entregarme ao vento, creo que algún segredo tiña que contar.
O mariñeiro guindoume o vento pero o vento non quixo recollerme e caín o mar , e afundinme na auga. A pesar de que o meu mariñeiro me abandonou, quero volver a el, non podo seguir así. Toda a tarde a voz pescada estivo laiándose e contándolle as súas cuítas . Entón o pescador decidiu non devolvela ao mar e levouna con el para a súa casa. E ao día seguinte, convidou á voz a subir con el na súa barca de vela. A voz aceptou e fóronse buscar ao mariñeiro.
Varios días estiveron dando voltas polo medio do mar. A voz describíalle o lugar onde o seu dono a abandonara , e de golpe berraba: "¡Creo que é alí!". Entón o pescador poñía a proa do seu veleiro a onde sinalara a voz, pero sempre se atopaban co mesmo, auga e ceo.
Ata que por fin distinguiron un dia a vela dun barco, e a voz púxose a berrar como nunca berrara antes. Foron avanzando, avanzando, hasta que se deron de conta que aquel barco era onde tiña que estar o mariñeiro , o dono da voz abandonada.
Apoiado sobre a regala víase o corpo do mariñeiro, inerme . O pescador pediulle ao vento que acelerase a súa barca.
Niso, o mariñeiro ergueu a cabeza e deuse volta en dirección a onde viña a voz. A voz quedou muda por un intre e mesmo parecía que o universo se paraba naquel preciso instante
E entón o mariñeiro estarricou os brazos, as mans, as puntas dos dedos , hasta case tocar a súa voz ...
Pero entón o malfadado vento que antes non quixo acoller a voz no seu seo, agora levouna con el, levándose para sempre, e sempre a sotavento , o seu segredo.
Hola, Manuel. Tu amigo pintor te ha regalado un cuadro y tus nos regalas otro de tus magníficos cuentos.
Gracias, amigo!
Sorte a tua de te oferecerem este quadro e ainda por cima belo.
è sempre bom para um artista das letras como tu recer outra forma de arte
eu ofereçote
só uma cançaozita pelo teu conto lindo ehehehehhe
Sozinho na noite
um barco ruma para onde vai.
Uma luz no escuro brilha a direito
ofusca as demais.
E mais que uma onda, mais que uma maré...
Tentaram prendê-lo impor-lhe uma fé...
Mas, vogando à vontade, rompendo a saudade,
vai quem já nada teme, vai o homem do leme...
E uma vontade de rir nasce do fundo do ser.
E uma vontade de ir, correr o mundo e partir,
a vida é sempre a perder...
No fundo do mar
jazem os outros, os que lá ficaram.
Em dias cinzentos
descanso eterno lá encontraram.
E mais que uma onda, mais que uma maré...
Tentaram prendê-lo, impor-lhe uma fé...
Mas, vogando à vontade, rompendo a saudade,
vai quem já nada teme, vai o homem do leme...
E uma vontade de rir nasce do fundo do ser.
E uma vontade de ir, correr o mundo e partir,
a vida é sempre a perder...
No fundo horizonte
sopra o murmúrio para onde vai.
No fundo do tempo
foge o futuro, é tarde demais...
E uma vontade de rir nasce do fundo do ser.
E uma vontade de ir, correr o mundo e partir,
a vida é sempre a perder...
letra de uma cançãoportugues
xutos e pontapés