Saído da man e do maxín dun habilidoso canteiro, o que un día foi temible dragón con portentosas e aterradoras fauces que conformaban unha poderosa boca da que manaba auga e incluso semellaba poder bufar lume en calquera intre, con orgullosas i erguidas alas e con un portentoso rabo que lle daba un aspecto vigoroso e a vez terrorífico . O que antes foi gárgola temible, agora esmorece aldraxado e roto pola insensatez de algún ou algúns vándalos mexericas e sen senso que degradaron coas súas devastadoras e iletradas mans ao orgulloso dragón , e convertérono en simple lagarto.