Chega a noite, e con ela chega a tranquilidade. O ceo escuro está cheo de miles, millóns de estrelas. Pequenos vagalumes cósmicos , parecen afastados portos no inmenso ceo negro acibeche. A praia está deserta, e a lúa chea ilumina as súas brancas areas.

Hai unha pequena sombra na praia. É unha nena que, sentada sen moverse, está ollando o océano negro. Parece estar petrificada... Pero dúas enormes bagoas esvaran polas súas fazulas.

- Por que estás triste rapaciña?...

A nena asústase e pregúntase: de onde vén esa voz?
"Non esteas tristeira nunha noite tan fermosa como esta" - repite a voz. A nena mira e descobre a un pequeno cabaliño de mar, dirixíndose a ela.

- Quen es ti?", pregunta .

- Son Pegaso, o mensaxeiro da gran balea. Cóntame nena, por que choras?

- Encantada, cabaliño de mar bonito, chámome Nerea, e estou triste porque no meu mundo, o mundo do ser humano, hai tantos problemas e miseria, e non entendo por que a xente ás veces está tan mal. Moitas veces quixese falar con alguén sobre todo iso, pero non sei con quen, a miña mamá morreuse cando tiña 4 anos, e miña papá nunca está na casa...

- Pois, imos xuntos a falar coa gran Balea, que é o rei dos océanos. El é moi ancián e sabio, acompáñame para facerlle unha visita!

Nerea mira ao cabaliño de mar con perplexidade e pregúntalle:
- pero Pegaso, dime, como podo ir contigo? Eu son moito máis grande ca ti!
- É suficiente con desexalo, podes confiar en min, pecha os teus ollos e terás o meu tamaño.

A nena fai o que lle pide Pegaso, e ao pouco intre non pode dar crédito ao que ven os seus ollos, está máis pequena có cabaliño de mar
-Apréixache ben, Nerea, que nos imos!

E empezan unha longo viaxe na procura da gran balea. Nunca antes na súa vida Nerea vira cousas tan marabillosas: hai arrecifes de coral de todas as cores: vermello como o sangue, verde como esmeraldas, branco como a neve; atopan tartarugas amables, golfiños que dan tombos, bancos de miles de peixes pequenos e resplandecentes, quenllas malvadas de enormes e feros dentes, pero todos teñen respecto a Pegaso e Nerea.

Finalmente, despois de haber viaxado moito tempo, chegan a un castelo branco impresionante, completamente construído con corais de vivos cores. Nerea e Pegaso entran por unha porta enorme, é obvio que aquí vive un ser moi grande. Parece que Pegaso coñece ben o castelo, xa que avanza rápido por corredores e salas, todas de dimensións inmensas. Chegan finalmente a un cuarto que, polos adornos, ten que ser especial.
Chegamos á sala do noso rei, a gran Balea, non teñas medo -bisba Pegaso- Todo estará moi ben!

Nerea segue lentamente os pasos do seu novo amigo, ata que se atopa diante dun trono xigantesco, e alí, sentado, está o ser máis grande que a nena xamais viu na súa vida... alí está o rei dos océanos, a gran Balea! Aínda que Nerea séntese como unha formiga comparado coa balea, non ten medo nin se atopa incómoda, ao contrario , séntese protexida e serena. A gran Balea ofrécelle té de algas e pasteis de caviar, e escoita con atención o que a nosa pequena protagonista lle conta.

Nerea comeza ao principio con timidez, pero despois con tanta espontaneidade que se sorprende a si mesma, porque normalmente soe ser reservada e calada. Conta que a súa nai finou cando só tiña 4 anos, que se sentiu moitas veces illada e soa na súa vida, que seu pai case nunca está na casa, e cando está, só escoita a medias o que lle di o pequena Nerea. Entón o nena pregunta por que non hai máis harmonía no seu mundo, o mundo do ser humano.

Ao final do encontro, a gran Balea obsequia a nena con unha flor moi bonita, unha orquídea preciosa que posúe todas as cores do océano.

- Escoítame, nena, planta esta flor na horta da túa casa, esta planta será o símbolo da paz, esa mesma paz que levas dentro de ti, e que se reflectirá teu redor vaias onde vaias. Cóidaa ben e non fales do noso encontro a ninguén, será o noso segredo.

Nerea despídese da gran Balea, levando a preciosa flor na man. Horas máis tarde, cando abre os seus ollos, está sorprendida porque se atopa na praia. Hai un forte sol, ten que ser mediodía!

Que raro soñei! -pensa-, e pasei toda a noite na praia, todo foi so un soño!

Érguese, limpándose porque está completamente cuberta de area, e dáse présa para chegar a casa. Cando chega, seu pai está esperándolle, pero non está anoxado como sempre, ten a cara preocupada, e cando nota que a súa filla chegou, dálle a benvida cun sorriso e un bico .
Xustamente cando Nerea intenta narrarlle o sono estraño que tivo, o seu pai pidelle que o acompañe a horta , ten algo que ensinarlle. Chegando alí, a nena abraiase do que ve. En medio da pequena horta está a orquídea preciosa do seu sono estraño! E xa medrou bastante a flor! Nerea e o seu pai ollan marabillados aquela orquídea se poder explicarse como puido chegar ate alí, .

Á mañá seguinte ,Nerea diríxese á praia de novo, e ademais da maraxe e dos berros das gaivotas, non hai nada fóra do común. Pero esta vez, a nena non está triste como aquela noite, ao contrario , camiña pola praia murmurando unha alegre melodía, levando paz e amor no seu corazón, lista para dar comezo o seu gran camiño, o camiño da súa vida.