A traxedia do 27 de febreiro do ano de 1892 ,tinxiu de loito as 12 freguesías da localidade lusa de Povoa de Varzim e os seus veciños. Non houbo lar no que o loito non se fixese presente.

O Temporal sorprendeu as lanchas no mar da Cartola , o suroeste de Aveiro .

Dúas lanchas , a do tío Praga e a do tío Jéque , non podendo capear o temporal , arriáronse a son de mar e vento en popa coa moi pouco trapo da súa vela latina. . Ámbolos mestres eran compañeiros e amigos

O par unha da outra derivando cada vez mais o norte , pouco podían facer os patróns mais que procurar que as lanchas non se atravesasen o mar, cousa cada vez mais difícil , pois o vento arrepiaba a cada paso.

Sen un minuto de descanso , os compañeiros esforzábanse en achica-la auga que as enormes vagas teimaban envorcar a bordo das naves.

A lancha do mestre Jéque a altura de Esposende , encheuse de auga e naufraga , a outra trata de acudila , pero non pode, é o mestre da que naufraga grita:

- “Nao tentes o socorro, compadre, que morreis todos. Deus te guie e leve a salvamento! Leva o ultimo adeus para as nossas mulheres e os nossos filhos! Até á eternidade, compadre!”.

O vello mestre Joao Praga levantou a man nun xesto de despedida , pero nada respondeu. Mais todos os compañeiros puideron ver como as bagoas esvaraban polas súas fazulas , pero ninguén ouviu saír da súa gorxa nin unha sola palabra. Sostivo o leme ben firme , todo o día e toda a noite hasta a alborada do seguinte día , en que entraron sans e salvos coa súa lancha na ría de Muros , na Galicia.

Dous días despois , atoados por un remolcador español en convoi xunto con outras lanchas que conseguiron gorecerse nas rías galegas, chegaba a Póvoa o Mestre Praga coa súa tripulación. Logo da traxedia non volveu a comer e nunca mais falou, oito días despois da súa chegada , morría. O gran dor producido pola perda dos seus compañeiros e a impotencia de non haber podido socorrelos , matouno!.


Bibliografia:

Santos Graça A. (Epopeia dos humildes) 1952

Donisio Pereira (Foulas e Ronseis) 2005