La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

28, oct

Muros

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas Cousas de Muros

Muros

.....

O mar arrólache
co seu murmurio de ondas
a cambio dos reflexos de sol
que lle envías nos teus regatos.

.........
Hai unha cruz sobre un penedo , que
cos seus brazos estarricados e mortos,
asubía coa maina brisa

para enviar as tuas mensaxes o vento.

.........
Un misterio esvara
polas túas rúas
de camiños retortos
e estampas esquecidas.

..........
Acuarela da ria
de nubes prendidas nos teitos,
de árbores durmidos nas leiras
de pedras estragadas
por rodas de carros,

salitre de mil anos,

e paso do tempo.

2 comentarios

Marieke

28 oct 2008 | 07:02 PM

Avatar

Olá amigo
Cresci na beira mar a ouvir canções lindas como o teu poema aqui te deixo uma das mais conhecidas

o mar enrola na areia....
ninguém sabe o que ele diz
bate na areia e desmaia
porque se sente feliz

até o mar é casado!
até o mar tem filhinhos...
é casado com a areia!
e os filhos são os peixinhos

Um abraço

homesdepedraenbarcosdepau

30 oct 2008 | 08:48 PM

Avatar

Marieke

Creo que no tempo que levo de vida , teño pasado mais tempo sobre as ondas que sobre a terra firme. Logo farán 35 anos que son mariñeiro!
Con apenas 15 ,comecei a navegar nos períodos de vacacións entre curso e curso. E polo tanto o Mar e todo o que esta relacionado de algunha maneiro con el, é para min como cousa propia e polo tanto, moi querida.
Unha desas cousas e a poesía, gústame xuntar palabras , Pero non nos vaiamos a enganar, unha cousa e xuntar palabras e outra cousa e facer poesía, pero así e todo gusto da melodía, da metáfora e da rima, e creo saber poder acadar e apreciar a fermosura e a sensibilidade alí onde se atopen , e en toda poesía dedidaca o mar hai de seu ...fermosura e a sensibilidade cada un ponlle a súa.

Creo que por iso ambos gustamos das nosas bitácoras.

Apertas poetico-mariñeiras

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM