La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

« Muros | Inicio | O SOÑO »

30, oct

O Pósito de pescadores muradán

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar Cousas de Muros

...........

Coa abolición dos gremios de mareantes no ano 1864 e a da Matrícula de Mar
no de 1873, os portos do litoral galego e nacional, quedaban abertos para a entrada da
industrialización no sector pesqueiro e, en xeral, do sistema capitalista na pesca e
nas comunidades mariñeiras. Nun principio, dita liberalización non comportou
cambios demasiado rápidos ou drásticos. Sen embargo, desde máis ou menos en entresiglos e, de forma máis xeneralizada, desde a segunda metade dos anos dez do novencetos, a medida que se consolidába a demanda de peixe por parte da crecente industria conserveira, moi influente na pesca de baixura, e dos boiantes mercados de fresco, impulsores da pesca de altura e arrastre, as innovacións técnicas a través de embarcacións máis seguras e polivalentes, primeiro de vapor e despois tamén de motor, e a través de artes máis resistentes e produtivas, xa fosen de arrastre, de cerco ou de deriva, non tardaron en deixarse ver con maior ou menor prontitude e desenvolvemento en boa parte dos nosos portos. Chegaran, por fin, e con certa demora en relación con outros sectores, a industrialización e o capitalismo á pesca.
A transformación da actividade pesqueira, e sua consecuente dinamización,
prometía sacar de pobres aos mariñeiros e ás súas familias, superar a sua case endémica
situación de miseria. Pero, sen embargo, como en moitas outras promesas
asociadas á industrialización e á economía de libre mercado, a realidade empeñouse
en demostrar máis ben o contrario. Aínda que os novos medio de produción trouxesen
consigo días de menos fatigas e riscos físicos e maiores rendementos e capturas
globais para a xente do mar, o elevado custo das novas artes e, sobre todo, das embarcacións con propulsión mecánica facía practicamente imposible o seu acceso á gran maioría dos mariñeiros. A súa introdución quedou, pois, nas exclusivas mans de industriais conserveiros, comerciantes e outros podentes terrestres, o que acabou comportando un agrandamento da separación entre traballo e capital.
Non é de estrañar, polo tanto, que o crecemento da actividade e o aumento das
capturas apenas revertesen nunha mellora económica e social entre a maioría dos
mariñeiros, cabe destacar os intentos reformistas sobre as xentes de mar nos anos iniciais do século XX e, en especial, o sorprendente e aparentemente exitoso reformismo intervencionista protagonizado por Alfredo Saralegui Casellas e os seus pósitos de mariñeiros entre os anos dez e os trinta desa centuria . O ímpetu de Salaregui chegou tamén a Muros como pode lerse no texto da noticia que acompaña á foto, coa creación do pósito de pescadores muradán que se constituíu no ano 1919

.........

Na foto poden verse os membros da xunta inspectora do Pósito de pescadores de Muros no ano 1921


A imaxe foime enviada polo noso amigo Vicente Sanahuja da Bitacora VIDA MARITIMA

Para vela a tamaño maior , premer sobre dela co boton dereito do rato e volver a premer en gardar imaxe.

.............

Para saber mais:

Santiago Santos Castroviejo (Historia da pesca e da salgazon)

Francisco Eiroa del Rio (Historia y desarrollo de la pesca de arrastre en galicia)

Benigno Rodriguez Santamaria ( Los pescadores del norte y noroeste de España)

2 comentarios

queixa

1 nov 2008 | 10:13 AM

Avatar

Como sempre, dende que o home recorda, as melloras sempre foron pos mais podentes- ao menos en maior medida. os demais, hemos de recoller as migallas e ainda así, sentirnos agradecidos a vida por formar parte dos mil millóns de ricos que comen de mais neste planeta.
outras xentes con menos sorte, arrendannos os seus caladeiros a nos pa facer mais ricos, mentres eles só comen unha vez cada dous días sendo donos da riqueza mariña.
¡cando sabe Galicia de historias de sacrificios é traballos!
Saudos.

homesdepedraenbarcosdepau

9 nov 2008 | 03:56 PM

Avatar

A xente de mar sempre fomos un poco reticentes ao cooperativismo e o asocicionismo. Vamos que imos sempre un pouco por libre , e asi nos vai , mal.

Hoxe en dia as confrarias son apenas simples oficinas burocatricas , os armadores contituironse en asociacions , e tratas de que os tripulantes non se sindiques , porque pese a escasa ou nula atencion que nos prestan os sindicatos a xente do mar , os empresarios temenos , pois non se vaian a enterar os mariñeiros dos seus direitos e os vaian a reclamar.

Apertas

Escribe un comentario

« Muros | Inicio | O SOÑO »

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia