9, nov
Carta aberta de agradecemento o Excelentísimo Señor Cónsul do Varadero , Rabelo I, pola concesión do meu anhelado titulo,
En: caixon desastre
Meu ben estimado amigo (permítame que o trate como tal a pesares de ser o mais humilde dos seus subordinados):
Quero darlle as miñas mais sentidas grazas pola concesión de este tan merecido titulo que vostede ten a ben concederme. Tratarei de portar este gran honor que con tan bo criterio me confire coa dignidade, desmesura e eficiencia que tan alto cometido require.
Sei que os tolos da nosa vila, a partires de este día están e atópanse en boas mans , de feito, xa me considero un mais entre eles, e como tal realizarei tan honrosa encomenda, acudindo os desvalidos, desfacendo agravios e mediando en liortas.
Se algún dos nosos veciños que erroneamente se consideran sans e polo tanto téñense por cordos , tivese a ben acudir o meu amparo, atoparanme sempre cos meus brazos estarricados en sinal de benvida a Real Confraría dos Arroutados , onde seria acollido a modo de proba , hasta que demostrase , ou se demostrase de maneira e modo incuestionable que xa e un completo arroutado e un pasmado ben eslouveado, o sexa, un mais dos nosos.
Supoño que o uniforme que pertence a tan importante cargo será o de xeneral napoleónico tocado con un embude , que terá que ser de considerables dimensións para abranguer todo o meu amplo perímetro cranial.
Sen mais despídome hasta outra cocedura , non sen antes volver a recoñecerlle a súa enorme sabedoría o terme concedido a min tan magnifico choio.
SSSQBSM
Manuel Martínez Caamaño
INSPECTOR DE TOLOS DA VILA
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós
11 comentarios
Tyrion
9 nov 2008 | 08:41 PM
Non teño dubidas de tan merecido nomeamento, pero non te envexo a titánica tarea que tes por diante. Como supoño que o teu título tamén abrangue os fillos de Muros dispersos polo mundo adiante, se envias un formulario voucho cubrindo para aforrarte molestias e así escomezas a confecionar o censo de tolos de tan ilustre vila.
Sempre disposto a colaborar coa autoridade, viva a Real (tratándose de Muros non podería ser doutro xeito) Confradia dos Arroutados.
saudos.
Marieke
9 nov 2008 | 11:38 PM
Sim senhora...Gente importante este meu amigo Manuel....Parabéns
Marieke
9 nov 2008 | 11:40 PM
ahhhhhhhhh..esquecia de te dizer....a musica de Piazzola...fantastica..sou uma admiradora
Amiga Atlántica
10 nov 2008 | 10:14 AM
Enhorabuena!!!
Desde luego hay que ver la categoría que estan cogiendo algunos bloggers marineros... habrá que hacer méritos para estar a la altura :-)))
Apertas
Jesus
13 nov 2008 | 10:24 AM
Enhorabuena Manuel por ese titulo,pero explicame un poco en quie consiste y dime que tratamiento he de darte a partir de ahora:Ilustrisima ,excelencia .....
Un abrazo.
mercedes
13 nov 2008 | 10:19 PM
noraboa sr. inspector. Espero que este a altura das circunstanciassss pq habelos hailos.
un saludo dende a coruña
homesdepedraenbarcosdepau
15 nov 2008 | 06:00 AM
Tryon
Eu tampouco teño dubidas de ser merecedor de tan magnifico posto, e mais , creo que poucos, tan ben capacitados coma min para desempeñalo.
E non temas , que calquera arroutado viva onde viva , se está vencellado a Vila de algún modo , entra no meu ámbito de competencia , e polo tanto do meu coidado.
Apertas e gargalladas
homesdepedraenbarcosdepau
15 nov 2008 | 06:05 AM
Marieke
Xa ves , despois de moitos anos e esforzos, conseguín que o señor Cónsul me otorgase esta prebenda . Magoa que non estea dotada de remuneración económica ningunha, pero todo se andara!!!
Apertas
homesdepedraenbarcosdepau
15 nov 2008 | 06:11 AM
Amiga Atlántica
Creo que mi cargo me habilita para otorgar corresponsalías a quien las mereciese, para crear en donde tuviese a bien una delegación de la REAL CONFRARIA DOS ARROUTADOS.
O sea que si te aplicas….
Apertiñas agarimosas e algo eslouveadas
homesdepedraenbarcosdepau
15 nov 2008 | 06:25 AM
Jesús
Hola amigo Jesús:
Esta tan alta encomienda que me hace el señor Cónsul del Varadero , no es tarea fácil, lo se, pues recae sobre mi la tarea de inspeccionar, cuidar y atender a todos y cada uno de los locos de la villa de Muros , que por cierto somos legión.
Hace tiempo que reclamaba del favor de mi amigo algún cargo, prebenda o sinecura que diese a mi persona una dimensión… distinta, y creo que con este nombramiento a colmado por completo mis aspiraciones.
El tratamiento para mis amigos será el mismo que hasta hoy y los “arroutados” , pueden dirigirse a mi con el de colega , que así ya nos entenderemos a las mil maravillas.
Un abrazo fuerte
homesdepedraenbarcosdepau
15 nov 2008 | 06:27 AM
Mercedes
Intentarei estar a esa altura que ti me propós, porque como ben dis , habelos hainos e non poucos.
Apertas
Escribe un comentario