ManuMar envíanos esta fermosa poesía desbordante de salitre, sensibilidade e sabedoría a mans cheas.
Dende o cumio do sagrado Monte Louro podemos ver a ría (envexa de riatelos) a través da súas ben espelidas verbas que pintan un cadro costumista dos mariñeiros louréanos, “Expertos nos Tres Saltiños / Cofrades do Caldeirón”
No cume de Monte Louro Polo sur vén Corrubedo; Cando emprenda a travesía, Desde o limpo ata o escuro, Quero, pois, xente probada ¡Rompe amarras, Monte Louro,
Plantei o meu corazón,
Bandeira a frotar no vento,
Mastro senlleiro, maior,
Dun grande barco de vela
Ancorado no solpor.
A par da proa, O Neixón...,
A Roda, O Facho e A Insua
Mantéñense en comunión
Co meu navío sagrado,
(Onde mora a devoción
Dos ancestros parroquianos,
Loureanos de nación),
Envexa de riatelos
E gareteiros do Son.
Cando endereite o timón
Rumbo ós dourados infindos,
-Pazos de dormir o Sol-,
Para navegar tranquilo,
Quero, por tripulación,
Uns mariñeiros veciños,
Cofrades do Caldeirón,
Expertos, nos Tres Saltiños,
Practicantes da inmersíón,
Nadar na casca da auga,
De “resolgo” e a pulmón...,
Facendo esa exhibición
Con testemuñas expertas
Nas Artes da Natación,
En pórse cu para riba,
-En bolas, sen bañador-,
Amosando esa gaitiña,
Vermiño triste e sen voz,
Por mor de estar enrugada
Do salitre e o arneirón,
Pouca boroa na casa,
E de carne, nin ración...
No sufrimento peor;
que navegar polo infindo
no che é unha broma, ¡non!
Adiante, e a polo Sol,
Antes de que o roube a noite,
Co seu bocado traidor,
Pra nos deixar desnortados
Ó pairo do perdedor!
¡Que maravilla ese Monte Louro!
Manuel, que pases unas felices vacaciones, que bien merecidas te las tienes.
Un beso enorme!
Ríoderradeiro, eu séi que na Ponta do Louro
No cair da noite fría
Peixes, pedras e algoiros
Cantan baixo: O soño é vida.
Que bonito poema, pero es que en galego las palabras son pombas blancas que acarician los sentimentos.
Un abrazo. Armando
Isto vén sendo estar sempre na casa.
Saúde e saúdos de
RIODERRADEIRO.
Unha visita polo mundo da vela, pola vida daquela lancha xeiteira de matar moita fame, pola canoa de ir e vir, a remos, ao Profundo. Unha estampa, en branco e negro, da necesidade e do sacrificio coa letra maiúscula. Ver para recordar. Recordar para saber quen somos. Endexamais esquencer.